Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta creará unha academia virtual para facilitar os trámites dos autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta creará unha academia virtual para facilitar os trámites dos autónomos

Redacción
Publicado: 15/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

jose_gonzalez_no_carballinho_gra8idqxgaaw-ie.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou esta tarde no Carballiño a xornada divulgativa para autónomos e comerciantes organizada por APE Galicia. No acto participaron tamén o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e representantes do tecido autónomo e comercial da provincia de Ourense.
Durante o encontro, o titular de Emprego anunciou que a Xunta está a traballar na posta en marcha da futura Academia virtual para autónomos, unha iniciativa destinada a optimizar o rendemento da súa actividade, simplificar os trámites administrativos e fiscais e mellorar a xestión empresarial.
Segundo explicou José González, esta academia será un espazo de aprendizaxe accesible e adaptado ás necesidades específicas do colectivo profesional, proporcionando información e formación continua para acompañalos na comprensión da normativa e en aspectos chave da xestión, como a facturación ou a rendibilidade do negocio. A ferramenta ofrecerá flexibilidade, xa que permitirá acceder aos contidos en calquera momento e aprender ao ritmo de cada persoa. Así mesmo, facilitará a interacción con outros profesionais e o intercambio de experiencias.
O conselleiro sinalou que esta medida é resultado das achegas realizadas polas organizacións representativas na Mesa do autónomo, espazo de diálogo e consenso co sector. Tamén a enmarcou dentro da aposta da Xunta por actuar como administración facilitadora e por promover a colaboración público-privada para impulsar a actividade e competitividade dos autónomos.
Nesta liña, lembrou a convocatoria unificada de axudas para o colectivo, dotada con máis de corenta millóns de euros e aberta ata o 30 de setembro. As persoas interesadas poden consultar dúbidas a través dun chatbot con intelixencia artificial dispoñible na Oficina virtual do emprego autónomo.
Finalmente, José González subliñou que Galicia aposta por fortalecer a súa vocación emprendedora. Proba diso son os trinta e dous millóns de euros destinados este ano a reforzar este eido e o traballo da Rede de polos de emprendemento, con quince oficinas distribuídas por todo o país, que desde a súa creación en xullo de 2022 levan atendido preto de catro mil proxectos de diferentes sectores, arredor de setecentos trinta deles na provincia de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?