Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presenta ás organizacións de persoas con discapacidade a Lei autonómica de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presenta ás organizacións de persoas con discapacidade a Lei autonómica de IA

Redacción
Publicado: 16/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250516_cermi_x-3.jpgO director da AMTEGA, Julián Cerviño, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, mantiveron esta mañá unha reunión cos representantes das 13 entidades que integran CERMI Galicia, a plataforma autonómica de organizacións de persoas con discapacidade. No encontro presentouse a Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia.
Durante a sesión, Cerviño subliñou que a norma ten como obxectivo garantir que a aplicación da IA nos servizos públicos beneficie a toda a cidadanía sen exclusión, superando fendas dixitais vinculadas a factores económicos, de idade ou de discapacidade. A lei consagra dereitos como a transparencia, a supervisión humana, a igualdade e a tutela, e baséase en principios de universalidade e accesibilidade, con especial atención ás persoas en situación de vulnerabilidade.
O texto legal recolle medidas para previr a discriminación e corrixir posibles desviacións dos sistemas de IA, asegurando que a información sobre a súa aplicación sexa comprensible e accesible para todos os colectivos, incluídas as persoas con discapacidade.
Pola súa parte, Ramón Sestayo, presidente de CERMI Galicia, expuxo os desafíos específicos que a incorporación da IA pode supoñer para este colectivo. En resposta, o director da AMTEGA comprometeuse a incluír ás persoas con discapacidade nos procesos de implantación desta tecnoloxía na Administración autonómica.
O acto rematou coa lectura do manifesto Por unha intelixencia artificial ética e respectuosa cos dereitos fundamentais das persoas con discapacidade, elaborado por CERMI Galicia con motivo do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?