Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade e o CPEIG, recoñecidos nos Premios de Internet 2025 polo seu proxecto para nenos hospitalizados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade e o CPEIG, recoñecidos nos Premios de Internet 2025 polo seu proxecto para nenos hospitalizados

Redacción
Publicado: 16/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

congreso_fernando_suarez_premio.jpgA Consellería de Sanidade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) veñen de ser galardoados nos Premios de Internet 2025, no marco da celebración do Día de Internet, que este ano ten como lema Por unha nova xeración de Internet comprometida coas persoas.
O acto de entrega dos premios celebrouse no Senado, onde se recoñeceron proxectos destacados nas categorías de Transformación Dixital, Marca Persoal en Redes Sociais, Emprendemento, Investigación e Iniciativas para impulsar a Cidadanía Dixital, con especial atención á Intelixencia Artificial.
congreso_fernando_suarez_premio2.jpg Precisamente nesta última categoría foi premiado o proxecto Obradoiro de robótica e programación para nenas e nenos hospitalizados, froito dun convenio entre o CPEIG e a Consellería de Sanidade. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, foi o encargado de recoller o recoñecemento.
Este programa ofrece obradoiros nos hospitais galegos dirixidos á poboación infantil ingresada, cun investimento de preto de 12.000 euros para a adquisición do equipamento necesario. A iniciativa ten como obxectivo achegar unha distracción positiva aos cativos hospitalizados, favorecendo a súa recuperación emocional e mental.
20240717_cursos_robotica_chus_talentos_inclusivos-2.jpg As actividades, realizadas nas aulas infantís das áreas pediátricas dos hospitais públicos galegos, inclúen experiencias interactivas como converter froitas e utensilios de cociña en mandos de videoxogos ou experimentar con robots que responden a estímulos como o son, a luz ou a proximidade a obxectos.
Ademais do entretemento, os obradoiros buscan fomentar a socialización mediante dinámicas grupais, aínda que tamén se prevén sesións virtuais para aqueles menores que non poidan participar presencialmente.
As sesións son impartidas por empresas galegas do sector tecnolóxico, no marco dos seus programas de responsabilidade social corporativa, reforzando así o compromiso do ecosistema TIC galego co benestar dos máis pequenos.


Acto de entrega dos Premios de Internet 2025

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?