Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 250 escolares de Ferrol enfróntanse a un reto tecnolóxico e creativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

250 escolares de Ferrol enfróntanse a un reto tecnolóxico e creativo

Redacción
Publicado: 19/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250519-np-polos-creativos_1106652897.jpgO Pavillón de Esteiro acolleu esta mañá unha xornada na que preto de 250 estudantes de 5º e 6º de primaria de centros educativos de Ferrol se enfrontaron a un reto tecnolóxico e creativo: reconstruír a máxica e imaxinaria Ponte das Estrelas con bolígrafos 3D e montar un puzzle tridimensional co mesmo sistema de fabricación aditiva.
A actividade, titulada O Camiño de Santiago con Tecnoloxía, está integrada no proxecto Polos en Marcha, que lidera a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña, Elena Arce, e que conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación.
img_0302.jpg Durante a mañá, os escolares do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, do Colexio de Belén, do Colexio Cristo Rey e do Colexio Tirso de Molina convertéronse en auténticos gardiáns do Camiño, acompañados polo Mestre do Bastón, un dos seus protectores lendarios. O seu obxectivo era recuperar a Ponte das Estrelas, desaparecida misteriosamente nun punto do Camiño Inglés ao seu paso por Ferrolterra, o que impedía continuar a peregrinación cara a Compostela.
img_0282_r.jpg Dividido en grupos, o alumnado de 6º curso deseñou e construíu un total de 28 pontes, todas elas con capacidade para soportar o peso dun boneco con forma de peregrino, tamén impreso en 3D. Mentres, os estudantes de 5º enfrontáronse ao desafío de montar un cubo a partir dun quebracabezas, resolvendo para iso pequenos enigmas vinculados ao Camiño de Santiago que lles fornecían pistas sobre a colocación das pezas.
Segundo explicou Elena Arce, a actividade permitiu ao alumnado «comprender mellor as fases dun proxecto tecnolóxico e a importancia de seguir instrucións detalladas para acadar un obxectivo común», ao tempo que reflexionaban sobre procesos como o deseño, o prototipado ou a execución. Arce destacou tamén que iniciativas coma esta fomentan tanto competencias técnicas (como a lóxica espacial, a resolución de problemas ou o manexo básico de ferramentas dixitais) como outras máis transversais: a creatividade, o pensamento crítico ou o traballo en equipo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?