Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede SmartPeme+ ofrece 6 novos obradoiros de capacitación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede SmartPeme+ ofrece 6 novos obradoiros de capacitación tecnolóxica

Redacción
Publicado: 19/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartobradoiros_grev8a8wqaafdxa.jpgA Deputación de Pontevedra ofrece esta semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica, enmarcados na Rede SmartPeme+, cun enfoque centrado na dixitalización e mellora das competencias do tecido empresarial da provincia, combinando formatos telemáticos e presenciais, e abordando temas de interese como a xestión turística, o márketing artesanal, a relación coas administracións, a protección de marcas, a reputación dixital e o posicionamento web.
O programa iniciarase o luns 19, ás 12:00 horas, cun obradoiro telemático sobre ferramentas de xestión para aloxamentos turísticos, impartido por Patricia Cabaleiro desde a oficina de Pontevedra. O obxectivo será optimizar recursos e aumentar beneficios mediante o uso de motores de reserva e xestores de canles.
O martes 20 acollerá dúas sesións. A primeira será presencial en Ponteareas, ás 9:30 horas, co título Primeiros pasos coa Administración Electrónica, a cargo de Laura Carrera, cun enfoque práctico sobre o uso do DNI electrónico e o certificado dixital. Pola tarde, ás 17:00 horas, o punto SmartPeme+ de Lalín coordinará o obradoiro en liña Do taller ao mercado: márketing para artesanía, que ofrecerá ferramentas dixitais e estratexias para profesionalizar a identidade e as vendas do sector artesán, con Fátima Faílde como relatora.
smartpeme_plus_greuwbww4aay-qu.jpg O mércores 21, ás 12:00 horas, celebrarase desde a oficina de Vigo o obradoiro Protexe a túa marca: rexistro e estratexia, en colaboración con ISERN Patentes e Marcas, onde se analizarán as vantaxes de protexer a identidade corporativa tanto no ámbito físico como dixital.
Xa o xoves 22, ás 17:00 horas na oficina de Cambados, Jose Luis Taboada impartirá o taller Presenza en Internet e técnicas SEO, centrado na construción dun sitio web profesional e nas ferramentas para mellorar o seu posicionamento nos buscadores.
A semana pecharase o venres 23, ás 12:00 horas, cun obradoiro telemático sobre marca persoal e reputación dixital dirixido por Sabela Álvarez desde Vigo, que afondará na creación dunha imaxe profesional coherente e estratéxica nas redes.
Estas actividades enmárcanse na aposta da Deputación pola transformación dixital das empresas e emprendedores da provincia, á que destina este ano 1,45 millóns de euros a través da Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural. Este ecosistema de apoio empresarial desenvolvese desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo, chegando cada ano a máis de 2500 emprendedores e organizando preto de 200 actividades formativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?