Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft acelera a era dos axentes de IA con novas ferramentas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft acelera a era dos axentes de IA con novas ferramentas

Redacción
Publicado: 19/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microsoft-build-2025.jpgMicrosoft anunciou no seu evento anual Build unha batería de novidades que marcan o inicio dunha nova etapa na evolución da intelixencia artificial: a era dos axentes de IA. A compañía de Redmond salientou os avances en razoamento, memoria e automatización que permiten aos modelos asumir tarefas cada vez máis complexas, tanto no ámbito do desenvolvemento de software como no empresarial e científico.
A través de plataformas como GitHub, Azure AI Foundry ou Microsoft 365 Copilot, Microsoft busca consolidar unha rede aberta de axentes intelixentes capaces de tomar decisións e realizar tarefas en nome de persoas ou organizacións. Esta nova visión, que denomina rede axéntica, promete transformar a maneira na que os usuarios interactúan coa tecnoloxía.
copilot-coding-agent-005.jpgUn dos anuncios máis destacados foi a evolución de GitHub Copilot, que pasa de ser un asistente no editor a converterse nun compañeiro de programación cun comportamento axéntico. Engádense funcións como a xestión de prompts, avaliacións integradas e controis para empresas. Ademais, Copilot Chat publicarase como código aberto en Visual Studio Code, integrando as capacidades de IA no repositorio de desenvolvemento máis usado do mundo e reafirmando o compromiso cun ecosistema de software aberto, colaborativo e potenciado por intelixencia artificial.
Windows tamén incorpora avances con AI Foundry, unha plataforma que permite executar e personalizar modelos de linguaxe e visión artificial localmente ou na nube. Esta ferramenta ofrece aos desenvolvedores un entorno unificado para todo o ciclo de vida da IA, desde o adestramento ata a inferencia.
Azure AI Foundry consolídase como eixo central da proposta de IA para empresas. Inclúe máis de 1.900 modelos de Microsoft e socios como xAI, con ferramentas novas como Model Leaderboard, que clasifica os modelos segundo o seu rendemento, e Model Router, que selecciona en tempo real o máis axeitado segundo cada tarefa.
No ámbito da seguridade, Microsoft presenta Entra Agent ID, que asigna identidades únicas aos axentes creados en Copilot Studio ou Azure AI Foundry, facilitando unha xestión segura desde o principio. Esta medida, unida á integración con Microsoft Purview, garante unha protección e cumprimento normativo máis rigoroso.
As empresas tamén poderán crear axentes personalizados con Copilot Tuning, utilizando os seus propios datos e fluxos de traballo. A nova función de orquestración multi-axente permite que distintos axentes colaboren entre si para resolver tarefas máis complexas.
kevinscott_oreilly-gif_v01.gifNo plano técnico, Microsoft reforza o soporte ao protocolo Model Context Protocol (MCP), adoptado en plataformas como GitHub, Dynamics 365, Semantic Kernel ou Windows. NLWeb, un novo proxecto aberto, pretende funcionar como o HTML da web axéntica, permitindo a integración de interfaces conversacionais nos sitios web e facilitando a súa accesibilidade para os axentes de IA.
No ámbito científico, Microsoft presentou a plataforma Microsoft Discovery, destinada a acelerar os procesos de investigación e desenvolvemento mediante o uso da IA axéntica, cun potencial especialmente alto en áreas como a sustentabilidade ou o deseño de novos tratamentos farmacéuticos.
Con estas novidades, Microsoft reafirma a súa aposta por un futuro construído sobre unha base aberta, colaborativa, interoperable e segura, no que os axentes de IA teñan un papel protagonista na transformación tecnolóxica global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?