Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova entrega do proxecto Os nomes da nosa terra para promover a lingua e a memoria toponímica galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova entrega do proxecto Os nomes da nosa terra para promover a lingua e a memoria toponímica galega

Redacción
Publicado: 19/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

os_nomes_da_nosa_terra.jpgCoincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a Deputación de Pontevedra reforza o seu compromiso coa lingua e o patrimonio inmaterial galego cunha nova edición do proxecto audiovisual Os nomes da nosa terra. Esta iniciativa, impulsada activamente polo presidente provincial, Luis López, convida á cidadanía a descubrir, recuperar e transmitir os topónimos tradicionais da provincia, poñendo o foco na súa importancia como parte esencial da identidade do territorio.
A nova entrega está composta por catro pezas audiovisuais que percorren diversos recunchos da provincia e que contan coa colaboración de persoas maiores, alumnado, asociacións culturais e investigadoras. A través destas voces, afóndase na riqueza toponímica da serra do Cando, onde os nomes postos polos pastores conservan a memoria dun mundo en contacto coa natureza; na talasonimia da Illa de Arousa e do litoral de Baiona, que recolle os nomes vencellados á tradición mariñeira; e tamén na toponimia de Rodeiro, onde o propio presidente provincial exerce de guía nun percorrido polos nomes de castros, penedos e pontes que agochan lendas milenarias.
Este proxecto, que se puxo en marcha en 2021, suma xa máis dunha decena de capítulos elaborados ao longo dos últimos anos con distintos apoios institucionais. Complétase coa participación activa de persoas voluntarias, asociacións veciñais, centros educativos e investigadores, e forma parte da plataforma Galicia Nomeada, promovida pola Xunta de Galicia e a Real Academia Galega e coordinada polo divulgador Vicente Feijoo. Esta plataforma colaborativa ten como obxectivo a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e da tradición oral asociada.
Os nomes da nosa terra busca fomentar o uso da lingua galega desde a raíz do territorio, animando á veciñanza a implicarse activamente na recuperación dun patrimonio que, en moitos casos, está en risco de desaparecer. A través da memoria colectiva e o coñecemento compartido, esta iniciativa converte os nomes da terra nun elo vivo entre o pasado e o presente da cultura galega.


Peza audiovisual sobre Baiona

Peza sobre a Illa de Arousa

Vídeo sobre Rodeiro

Entrega do proxecto dedicada á Serra do Cando

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?