Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O iPhone podería permitir utilizar asistentes de voz alternativos a Siri
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O iPhone podería permitir utilizar asistentes de voz alternativos a Siri

Redacción
Publicado: 19/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

siri_persoal_anuncio.jpgO boletín semanal de Mark Gurman para Bloomberg afondou onte na frustrada traxectoria de Apple no campo da intelixencia artificial desde a chegada de John Giannandrea en 2018. A contratación do antigo responsable de busca e IA de Google xerou grandes expectativas, pero sete anos despois, o panorama é desalentador: Siri segue sen estar á altura da competencia e Apple chega tarde á revolución da IA xerativa.
A compañía de Cupertino, que presume habitualmente de perfeccionar tecnoloxías alleas e convertelas en produtos estrela (como fixo co iPod, o iPhone ou o Apple Watch), non conseguiu aplicarse o conto coa IA, o que Gurman considera que é por mor dos seguintes motivos:
– Infraestrutura e investimento insuficiente: Apple non adquiriu GPU en cantidades comparables ás doutros actores como Amazon ou Microsoft, o que atrasou o adestramento dos seus modelos
– Falta de liderado e cohesión interna: a desconfianza mutua entre os responsables de software (Craig Federighi), os de produto e os de márketing, xunto co estilo reservado de Giannandrea, dificultou a execución dunha visión común
– Restricións internas pola política de privacidade: o estrito control sobre os datos de usuario limitou a capacidade de Apple para adestrar modelos con datos reais, obrigándoa a empregar datos sintéticos e conxuntos licenciados, con menor rendemento
– Problemas técnicos estruturais: a nova Siri baseábase nun híbrido de código antigo e novo que causou múltiples erros e incompatibilidades. O equipo chegou a describir o sistema como «un barco afundíndose»
– Promesas incumpridas: moitas funcións anunciadas en 2024 non chegaron a tempo, ou chegaron mal optimizadas, ata o punto de que un grupo de usuarios denunciou á empresa por publicidade enganosa
Como consecuencia desta desfeita, Apple reestruturou os equipos (Giannandrea perdeu o control sobre Siri, que agora está baixo a dirección de Mike Rockwell, creador do Vision Pro) explora novas colaboracións (con OpenAI, Google Gemini e outras startups como Perplexity para suplir as súas carencias), traballa nun novo sistema Siri baseado integramente en grandes modelos de linguaxe e incluso estuda separar a marca Apple Intelligence do asistente, para afastarse da mala reputación de Siri.
Apple estaría a afrontar un dos seus maiores desafíos estratéxicos dende que Tim Cook está á fronte da compañía, non porque vaia deixar de ser un grande fabricante, senón polo feito de que podería perder a súa posición de liderado da industria, deixando de ser a compañía á que aspiran o resto.
O impacto dos organismos reguladores da competencia tamén estarían a ter un importante impacto na empresa, e Gurman asegura que para cumprir coas esixencias da Unión Europea dende Apple estarían a traballar para que os usuarios puidesen deixar de empregar Siri como asistente de voz predeterminado, empregando asistentes doutras compañías, o que si sería todo un antes e un despois, para fortuna de moitos usuarios completamente decepcionados co funcionamento actual do que fora o asistente de voz pioneiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?