Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os retos de Verifactu e da factura electrónica nunha nova sesión das charlas Nexos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os retos de Verifactu e da factura electrónica nunha nova sesión das charlas Nexos

Redacción
Publicado: 19/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

verifactu_03.jpgA Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolleu esta mañá unha nova sesión en liña do ciclo de xornadas informativas Nexos, encontros por Ourense, unha iniciativa que leva máis de cinco anos achegando novidades sobre cuestións que afectan á xestión empresarial. Máis de medio cento de persoas conectáronse para asistir á sesión titulada Verifactu: claves, obrigas e segredos da facturación electrónica.
O secretario da CEO, Jaime Pereira, e o coordinador de banca institucional de Abanca, José Manuel Nogueira, foron os encargados de presentar a sesión, destacando a importancia de trasladar esta información ao tecido empresarial. A encargada de explicar os conceptos clave foi Eva María Domínguez, economista en Vento Abogados & Asesores dende 2019, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña e especializada en asesoramento contable e fiscal.
verifactu_3.jpg Durante a súa intervención, Domínguez abordou en profundidade os novos requirimentos impostos pola Administración tributaria nos sistemas informáticos de facturación (coñecidos como Verifactu) e a implantación xeralizada da factura electrónica, en liña coas últimas reformas lexislativas.
O sistema Verifactu, desenvolvido no marco da Lei 11/2021 de loita contra a fraude fiscal e do seu regulamento de desenvolvemento (RD 1007/2023), obrigará os programas de facturación a cumprir criterios técnicos estritos (como a inalterabilidade, trazabilidade e conservación segura da información) co obxectivo de previr manipulacións e garantir a transparencia. Os sistemas que remitan automaticamente as facturas á Axencia Tributaria serán considerados como sistemas Verifactu.
En paralelo, a factura electrónica estenderase a todas as relacións comerciais entre empresarios e profesionais (operacións B2B), de acordo coa Lei 18/2022 de creación e crecemento empresarial. Domínguez explicou que este tipo de facturas deberán emitirse en formato XML, estar asinadas dixitalmente e enviarse a través de portais electrónicos habilitados, tanto públicos como privados. Ademais, será obrigatoria a confirmación da recepción e do rexistro do pagamento, reforzando os mecanismos contra a morosidade.
En canto ao calendario de implantación, a relatora aclarou que o sistema Verifactu será obrigatorio a partir do 1 de xaneiro de 2026 para persoas xurídicas e desde o 1 de xullo dese mesmo ano para persoas físicas que desenvolvan actividades económicas. Pola súa banda, a obrigatoriedade da factura electrónica entrará en vigor nun prazo de 12 ou 24 meses desde a aprobación do regulamento correspondente, segundo o volume de facturación do contribuínte.
Domínguez incidiu tamén na responsabilidade dos provedores de software, que deberán acreditar o cumprimento da normativa mediante unha declaración responsable. No que atinxe ás sancións, advertiu de que poderían chegar aos 150.000 euros por exercicio no caso de incumprimento.
En definitiva, a xornada puxo de manifesto que esta transformación suporá un paso decisivo cara á modernización da xestión tributaria en España, ademais de reforzar a transparencia e o control fiscal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?