Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un informe mostra que a IA na educación debe incluír explicacións personalizadas para ser fiable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un informe mostra que a IA na educación debe incluír explicacións personalizadas para ser fiable

Redacción
Publicado: 19/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

francisco_bellas_citic-2.jpg

No seu continuo esforzo por promover a mellora da educación dixital, o equipo liderado polo investigador Francisco Bellas, do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, xogou un papel fundamental no desenvolvemento dun informe pioneiro sobre Intelixencia Artificial Explicable (XAI) no ámbito educativo. A iniciativa forma parte dun proxecto conxunto impulsado polo Centro Europeo de Educación Dixital (EDEH), coa colaboración de expertos internacionais de diversos sectores formativos.
O informe, resultado do labor do grupo de traballo número 13 do EDEH, céntrase en tres aspectos fundamentais da XAI: implicacións legais, personalización e alfabetización en IA. Estes eixes abórdanse de maneira práctica, a través da análise de casos reais e recomendacións claras para aplicar a XAI no ámbito educativo.
O proxecto botou a andar en agosto de 2024, cando Bellas foi convidado a liderar o equipo tras a súa participación nunha iniciativa anterior sobre IA e educación no mesmo EDEH. Nesta nova fase, o foco estivo na explicabilidade da IA, un aspecto crucial para garantir que as ferramentas tecnolóxicas resulten comprensibles e accesibles tanto para docentes coma para estudantes.
O documento afonda nos aspectos legais relacionados co uso da IA no sector educativo, prestando especial atención á Lei europea de Intelixencia Artificial e ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR), dúas normativas clave para asegurar unha implantación ética e legal destas tecnoloxías. Tamén se destaca a importancia de adaptar as explicacións que ofrecen as ferramentas de IA ás necesidades específicas de cada usuario (sexa estudante, docente ou membro da dirección dun centro), co fin de asegurar unha comprensión axeitada das respostas automatizadas.
O informe subliña, ademais, a necesidade urxente de desenvolver competencias dixitais arredor da IA. «A alfabetización en IA é esencial non só para os educadores, senón tamén para os estudantes, que deben ser capaces de comprender as decisións tomadas polos sistemas de IA e actuar de maneira autónoma e responsable no seu proceso de aprendizaxe», sinala Francisco Bellas.

Webinar sobre XAI na educación

O informe aspira a converterse nunha ferramenta útil para toda a comunidade educativa interesada na Intelixencia Artificial. Como parte desta iniciativa, o CITIC da UDC convida a participar no webinar que terá lugar o vindeiro 20 de maio. Será unha ocasión para afondar nos contidos do informe e fomentar o debate sobre como aplicar a IA na educación dun xeito ético e efectivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?