Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Anthropic reforza a posición de Claude como modelo de IA para programar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Anthropic reforza a posición de Claude como modelo de IA para programar

Redacción
Publicado: 22/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

claude_4.jpgAnthropic presentou oficialmente Claude 4, unha nova xeración de modelos de IA composta por Claude Opus 4 e Claude Sonnet 4, pensada para ofrecer avances substanciais en tarefas de programación, razoamento complexo e creación de axentes autónomos. Estes modelos representan un salto cualitativo respecto ás versións anteriores, tanto no plano técnico coma nas súas aplicacións prácticas, e están dispoñibles xa a través da API de Anthropic, Amazon Bedrock e Vertex AI de Google Cloud.
claude_4_software.jpg Claude Opus 4 preséntase como o modelo máis potente creado ata a data pola compañía, e tamén como o mellor do mundo en programación. Consegue puntuacións récord no benchmark SWE-bench (72,5 %) e Terminal-bench (43,2 %), demostrando unha capacidade sen precedentes para manter un rendemento sostido en tarefas longas que requiren miles de pasos e horas de execución continua. Empresas como Cursor, Replit ou Block coinciden en cualificalo como unha ferramenta revolucionaria, capaz de mellorar a calidade do código mentres resolve problemas complexos en múltiples ficheiros. Rakuten validou as súas capacidades cunha refactorización aberta que durou sete horas sen interrupcións, mentres que Cognition destaca a súa capacidade para resolver desafíos críticos que modelos anteriores non eran quen de abordar.
Claude Sonnet 4, aínda que non alcanza o nivel de Opus en todos os ámbitos, representa unha mellora notable fronte á versión 3.7. Obtivo unha puntuación de 72,7 % en SWE-bench e combina rendemento e eficiencia con alta capacidade de adaptación ás instrucións. GitHub anunciou que Sonnet 4 será o motor do novo axente de codificación de GitHub Copilot, mentres que compañías como Manus, iGent ou Sourcegraph salientan a súa capacidade para seguir indicacións complexas, navegar código de forma precisa e desenvolver aplicacións autónomas con múltiples funcións.
claude_4_pokemon.gif Unha das innovacións máis destacadas é a incorporación do chamado pensamento estendido con uso de ferramentas (aínda en fase beta), que permite ao modelo combinar o razoamento interno con accións externas, como empregar buscadores ou consultar ficheiros. Ademais, ambos modelos poden executar ferramentas en paralelo, melloran a memoria cando teñen acceso a ficheiros locais e son capaces de crear documentos de apoio que recollen información útil para manter a coherencia a longo prazo. No caso de Opus 4, isto tradúcese na capacidade de crear arquivos de memoria que actúan como guías internas, como demostrou nunha sesión de xogo en Pokémon Red, onde elaborou un Navigation Guide a partir das súas propias experiencias.
Claude 4 tamén incorpora resumos de pensamento que condensan os procesos mentais máis longos utilizando un modelo máis pequeno, aínda que esta función só se activa arredor do 5 % das veces. Para usuarios avanzados interesados en ver o fluxo completo de razoamento, Anthropic ofrece un modo para desenvolvedores que conserva todas as cadeas de pensamento sen resumir.
Xunto cos modelos, tamén se anunciou a dispoñibilidade xeral de Claude Code, a ferramenta para desenvolvedores que agora se integra con IDE como VS Code e JetBrains, permitindo editar directamente os ficheiros. Claude Code tamén pode executarse en segundo plano mediante GitHub Actions e conta cun SDK que facilita a creación de axentes propios baseados no mesmo núcleo. Un exemplo práctico é Claude Code para GitHub, que xa pode responder a comentarios en pull requests, solucionar erros de integración continua ou facer modificacións automáticas do código.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?