Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AEPD condena que as cámaras de comercio abusen dos datos persoais dos autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AEPD condena que as cámaras de comercio abusen dos datos persoais dos autónomos

Redacción
Publicado: 23/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gryh_pmxqaa1rkm.jpgA Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ditou varias resolucións nas que ordena o cesamento do tratamento e comunicación de datos persoais de empresarios autónomos por parte de diversas entidades, sinalando importantes limitacións ao uso do censo cameral con fins comerciais.
Segundo estas resolucións, Cámara de España deberá cesar na comunicación de datos persoais de empresarios individuais á empresa Camerdata, que á súa vez terá que deixar de tratar eses datos e suprimilos, así como interromper as súas cesións ás compañías infomediarias Informa, Iberinform Internacional e Datacentric. Estas últimas deberán tamén deixar de tratar os datos recibidos ata contar cunha base lexítima segundo o artigo 6.1 do GDPR e proceder á súa supresión.
A AEPD destaca que o censo cameral é un instrumento institucional, non comercial, cuxo único fin legal é servir ás funcións públicas das Cámaras de Comercio, incluído o censo electoral cameral. O seu uso como fonte para produtos de información empresarial por parte de terceiros non está previsto pola lexislación vixente e carece dun marco normativo habilitante como o que si existe noutros países da UE.
A axencia recalca que non pode presumirse a licitude de tratamentos sistemáticos de datos de empresarios individuais fóra das finalidades legais actuais, malia a súa práctica estendida no sector. Para ampliar os usos permitidos, sería necesaria unha reforma lexislativa, que contemplase novas finalidades con garantías adecuadas.
As resolucións tamén refutan o recurso ao interese lexítimo como base legal, xa que nin está recollido por lei nin se realizou unha ponderación rigorosa dos dereitos afectados. A AEPD subliña que non se superaría a proba de proporcionalidade nin se respecta o espírito nin a letra da norma sectorial.
Así mesmo, desmárcase a aplicación do artigo 19 da Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), que permite en certos casos o tratamento de datos profesionais, pero non ampara o uso do censo cameral con fins comerciais. Tamén se considera que non existía unha expectativa razoable por parte dos empresarios individuais de que os seus datos fosen empregados por terceiros con finalidades alleas ás previstas institucionalmente.
As resolucións lembran que o GDPR e a LOPDGDD son plenamente aplicables, mesmo nos tratamentos legais, e obrigan a respectar principios como a minimización, a transparencia e a responsabilidade proactiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?