Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 86 % dos internautas españois fan uso das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 86 % dos internautas españois fan uso das redes sociais

Redacción
Publicado: 28/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estudio-rrss-2025.jpgO uso das redes sociais en España continúa medrando e consolidándose como unha parte central da vida dixital, segundo revela o Estudo de Redes Sociais 2025 presentado por IAB Spain en colaboración con Elogia. O informe, que analiza os hábitos dixitais de persoas entre 12 e 74 anos, constata que o 86 % dos internautas empregan algunha rede social.
WhatsApp, Instagram e YouTube lideran de forma destacada en todas as fases do funnel de márketing: dende o coñecemento ata a preferencia, pasando polo uso ocasional e habitual. En canto ao uso empresarial, Facebook mantense como a plataforma máis utilizada polas empresas, aínda que Instagram supera xa a YouTube.
iab_gsbdmzuwgaa_mvr.jpg O estudo tamén reflicte unha crecente segmentación segundo idade e xénero. As mulleres dominan en Instagram e TikTok, mentres que os homes destacan en Telegram, X e Twitch. Xeración Z e millennials non só son quen empregan máis redes ao mes (5,1 de media), senón que tamén lles dedican máis tempo diario, e amosan unha maior apertura cara a novos formatos como o live shopping ou os contidos creados con intelixencia artificial.
O entretemento continúa sendo a principal motivación para o uso das redes (81 %), seguido pola interacción (66 %) e a procura de información (55 %). Plataformas como Spotify (1hora e 26minutos ao día), TikTok, WhatsApp, YouTube, Twitch e Instagram son as que concentran máis tempo de uso por parte dos usuarios.
iab_gsbiy6axuaa3cgx.jpg Tamén destaca o impacto comercial das redes: un 48 % dos usuarios consulta plataformas sociais antes de facer unha compra, e un 44 % admite que o contido visualizado influíu na súa decisión final, unha cifra que ascende ata o 66 % entre os máis novos. Instagram e YouTube son as máis determinantes nesta fase previa á compra.
No ámbito publicitario, un 40 % dos enquisados considera útil e relevante a publicidade en redes, aínda que a personalización dos contidos xera recelo: só un 23 % acepta este tipo de contido dirixido, o que supón un reto para a segmentación e os formatos publicitarios.
iab_gsbpyb0wiaarpls.jpg En canto aos influentes, o estudo mostra un aumento da súa credibilidade, cun 40 % dos usuarios considerando fiables aqueles que seguen (sete puntos máis que en 2024), malia que tamén medra a percepción de que os seus contidos son esencialmente publicitarios (41 %, cinco puntos máis). Instagram afírmase como a canle principal para seguir a estes creadores de contido (69 %).
Desde unha óptica profesional, as redes sociais seguen sendo clave: o 53 % dos expertos en publicidade utilízaas para xerar marca e o 44 % como canal de atención ao cliente. No que atinxe á repartición da inversión, Instagram adianta a Facebook como principal receptor, mentres que YouTube ascende ao segundo posto e TikTok sitúase xa no cuarto lugar, evidenciando unha evolución no panorama da publicidade dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?