Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os sistemas operativos de Apple poderían pasar a ter numeración anual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os sistemas operativos de Apple poderían pasar a ter numeración anual

Redacción
Publicado: 28/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple_ios_federighi.jpgMark Gurman asegura dende Bloomberg que Apple está a piques de levar a cabo un cambio profundo na denominación dos seus sistemas operativos, abandonando os tradicionais números de versión en favor dunha identificación baseada no ano. Segundo información avanzada por fontes próximas á compañía, iOS 18 daralle paso a iOS 26, e a mesma nomenclatura aplicarase ao resto de plataformas: iPadOS 26, macOS 26, watchOS 26, tvOS 26 e visionOS 26.
O cambio buscaría unificar a marca e evitar a confusión xerada pola coexistencia de versións con números distintos, resultado do lanzamento inicial en datas diferentes. A nova estratexia sería anunciada oficialmente na WWDC o 9 de xuño, onde Apple tamén presentará unha renovación visual xeral coñecida internamente como Solarium, que afectará especialmente a tvOS, watchOS e partes de visionOS.
Esta nova política de nomes é semellante ás adoptadas por outras compañías coma Samsung, que en 2020 pasou do Galaxy S10 ao Galaxy S20 seguindo o ano de lanzamento, ou Microsoft, que xa en 1995 lanzaba Windows 95. Porén, Apple optará polo ano seguinte ao lanzamento: os sistemas que chegarán ao mercado en setembro de 2025 levarán a marca 26, como acontece, por exemplo, nos videoxogos deportivos con entregas anuais.
Ademais do cambio de nome, segundo Gurman a compañía con sede en Cupertino prepara melloras importantes no ecosistema. O iPad adoptará unha experiencia máis próxima ao Mac para reforzar o seu uso profesional, permitirase o acceso dos desenvolvedores aos modelos de intelixencia artificial da plataforma Apple Intelligence, e engadiranse funcións como a tradución en tempo real para AirPods e Siri, un modo de desprazamento visual mediante a mirada no visor Vision Pro, novas opcións de saúde baseadas en IA, un sistema intelixente de xestión da batería, un teclado bidireccional árabe-inglés e unha pluma dixital de caligrafía para Apple Pencil.
Apple non fixo comentarios públicos sobre esta mudanza de estratexia, pero todo apunta a unha aposta decidida por simplificar a experiencia do usuario e reforzar a coherencia entre dispositivos. Se se mantén este modelo, en 2026 veremos a chegada de iOS 27 e sucesivos sistemas numerados en función do ano de referencia.
O que non transcendeu polo momento se esta nova política tería impacto nos nomes dos modelos de iPhone, pois resultaría pouco consistente seguir unha política de numeración cos sistemas operativos e outra cos teléfonos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?