Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal destaca o valor da dixitalización na preservación do patrimonio inmaterial galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal destaca o valor da dixitalización na preservación do patrimonio inmaterial galego

Redacción
Publicado: 28/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

puntogal_videoconferencia.jpgA xornada virtual organizada esta mañá por PuntoGal e o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG/AETG) puxo o foco na preservación da memoria cultural a través das TIC. Co título A dixitalización do patrimonio inmaterial, o encontro celebrouse co gallo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e do Día das Letras Galegas, este ano dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras.
O Museo do Pobo Galego foi un dos protagonistas da sesión, a través do seu Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), un proxecto que dende 2007 dixitaliza, cataloga e difunde gravacións orais e musicais en galego. Este arquivo público, que conta coa colaboración de PuntoGal dende 2022, recolle fondos de orixe diversa, que se integran nunha base de datos accesible para calquera persoa interesada na cultura galega.
Durante a conversa interviñeron Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; Isabel Vigo, técnica do APOI; Camilo Regueiro, vicepresidente de PuntoGal; e Javier Fernández, secretario técnico do COETG. Todos coincidiron en salientar a relevancia da dixitalización como ferramenta para salvagardar un patrimonio que, nalgúns casos, só subsiste grazas ás gravacións feitas por voluntarios nas décadas de 1970 e 1980.
Regueiro lembrou o valor das primeiras recollidas, nas que moitos afeccionados percorreron aldeas cunha gravadora e unha cámara para captar formas de vida que estaban a piques de desaparecer. Losada destacou que a memoria oral e os saberes tradicionais son tan importantes como os obxectos nun museo, e que conservalos mediante tecnoloxía actual permite poñelos ao dispor do público como parte viva da identidade colectiva.
Vigo subliñou que a parte visible do arquivo é só unha mostra dun labor continuo de dixitalización, codificación e custodia que medra sen cesar. Destacou tamén a aparición recente de gravacións privadas gardadas durante décadas, auténticas xoias etnográficas que agora pasan a formar parte do acervo común. Pola súa banda, Fernández fixo fincapé na utilidade do arquivo para os músicos actuais que queren inspirarse na música de raíz, e na función mediadora das TIC entre o pasado e o presente da cultura galega.
A sesión deixou patente que a dixitalización non só garante a conservación do patrimonio inmaterial, senón que tamén o reactiva como fonte de creación, aprendizaxe e identidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?