Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Declaran ilegais os aranceis que pretende impor Trump
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Declaran ilegais os aranceis que pretende impor Trump

Redacción
Publicado: 29/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

trump_p20250225mr-0554_54354433133_o.jpgO Tribunal de Comercio Internacional dos Estados Unidos declarou ilegais os aranceis impostos pola Administración Trump contra importacións procedentes de Canadá, México, China e outros países, ao considerar que o presidente excedeu a autoridade conferida pola Lei de Poderes Económicos de Emerxencia Internacional (IEEPA). A sentenza, emitida por unanimidade, supón un duro golpe ás políticas comerciais da Casa Branca e marca un fito na interpretación constitucional da separación de poderes.
O caso xulgado agrupa dúas accións xudiciais promovidas por varias empresas afectadas e doce estados, entre eles Oregón, Nova York e Arizona, que denunciaron que os aranceis impostos ao abeiro de supostas emerxencias nacionais carecían de base legal. Os xuíces concluíron que a IEEPA non outorga ao presidente autoridade para establecer aranceis de forma ilimitada e que o uso desta norma para xustificar medidas comerciais permanentes vulnera a prerrogativa exclusiva do Congreso en materia fiscal e de comercio exterior.
Segundo a resolución, os denominados «aranceis por tráfico ilícito» (que afectaban produtos de Canadá, México e China) e os «aranceis mundiais e recíprocos» (aplicados a importacións de todo o mundo con taxas de ata o 50 %) non só carecían de límites razoables, senón que ademais non gardaban relación directa coas supostas ameazas alegadas polo Executivo.
«O feito de que o presidente declare unha emerxencia nacional non o autoriza a reescribir as táboas arancelarias a vontade propia», recolle a sentenza, que tamén subliña que IEEPA só permite medidas fronte a ameazas «inusuais e extraordinarias» e para fins directamente relacionados con esas ameazas.
A decisión supón a anulación inmediata dos decretos executivos correspondentes e a prohibición permanente da súa aplicación, o que representa unha vitoria para os demandantes e un chamamento á contención presidencial no uso das facultades de emerxencia. Os xuíces recordan que «a autoridade executiva non pode substituír o proceso lexislativo nin apropiarse das competencias do poder lexislativo baixo pretextos de urxencia».
A Casa Branca recorreu o fallo ante o Tribunal de Apelacións (reactivando os aranceis de xeito provisorio), coa posibilidade de rematar no Tribunal Supremo, onde hai unha maioría de xuíces conservadores, polo que aínda é difícil concluír se rematou a tirapuxa que está a provocar unha grande inseguridade nos mercados e, moi concretamente, nos produtos de electrónica de consumo, onde os aranceis poden ter un impacto global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?