Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian ante o Defensor do Pobo os bloqueos masivos durante os partidos de fútbol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian ante o Defensor do Pobo os bloqueos masivos durante os partidos de fútbol

Redacción
Publicado: 29/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reclamacion-defensor-pueblo-laliga.jpgA Asociación de Internautas (AI), xunto coa Fundación España Dixital (FED) e a Asociación de Usuarios de Internet (AUI), presentaron unha reclamación formal ante o Defensor do Pobo para que inste á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais e á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia a actuar de oficio contra os bloqueos indiscriminados que afectan á Rede cada fin de semana por orde da Liga Nacional de Fútbol Profesional.
Segundo denuncian, desde hai meses milleiros de páxinas web deixan de estar dispoñibles en España coincidindo coa retransmisión de partidos de fútbol, o que impide o acceso a contidos e servizos en liña de toda índole. Entre as plataformas afectadas atópanse a Real Academia Española, a plataforma de videoxogos Steam, varios medios de comunicación e mesmo o sitio web do Concello de Madrid. Estes bloqueos, segundo explican, escúdanse nunha orde xudicial que en ningún caso establece o bloqueo de páxinas web ou enderezos IP lexítimos non relacionadas co fútbol ou coa pirataría.
As tres entidades consideran que permitir esta situación supón unha validación por parte dos poderes públicos dunha vulneración de dereitos fundamentais recollidos na Constitución Española, como os artigos 9, 20.1 a) e d), 20.5 e 38. Critican que se están a causar danos a terceiros sen xustificación legal, unicamente para protexer intereses económicos privados.
«Sen ningún tipo de límite nin responsabilidade, esta empresa privada está conculcando os dereitos fundamentais de milleiros de internautas, tales como o dereito á liberdade de expresión, á liberdade de información e á liberdade de empresa, internautas que nada teñen que ver con supostas actuacións ilícitas ou ilegais que poidan afectar a dita empresa.», denuncian. E engaden que esta situación podería sentar un precedente perigoso para futuras intervencións privadas na Rede, algo que consideran inaceptable nun Estado de Dereito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?