Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Escolares galegos defenden no Parlamento o uso responsable da tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Escolares galegos defenden no Parlamento o uso responsable da tecnoloxía

Redacción
Publicado: 03/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pleno-infantil-en-el-parlamento-de-galicia_aldeas-infantiles-sos_2.jpgO Parlamento de Galicia acolleu esta mañá un pleno infantil organizado por Aldeas Infantiles SOS, no que participaron 80 alumnos de Educación Primaria convertidos por un día en deputados. Procedentes de cinco centros escolares das catro provincias galegas —os colexios Emma (Santiago), Xermade e Antía Cal Vázquez (Muras), Saco e Arce (Toén) e Espedregada (Raxó)—, os escolares achegaron as súas propostas ao hemiciclo nunha xornada centrada na reflexión sobre o respecto e o uso axeitado das novas tecnoloxías.
20250603_dxfamiliadxinnovacioneducativadeputadosporundia_2.jpg O acto estivo presidido polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, xunto co director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa; e o presidente de Aldeas Infantiles SOS de España, Pedro Puig Pérez.
Durante a sesión, os pequenos deputados debateron sobre o valor do respecto nas relacións persoais e no uso responsable da tecnoloxía. A iniciativa forma parte do programa Abraza os teus Valores, que neste curso 2024-25 pon o foco no respecto como ferramenta para construír relacións saudables e afrontar os riscos do uso indebido de pantallas e redes sociais.
A voceiro do colexio Emma, Aloia Carviño Olveira, de 6º de Primaria, advertiu dos perigos do acceso temperán a dispositivos móbiles: «nenos de sete anos xa teñen teléfonos móbiles, ou incluso máis pequenos, e este acceso descontrolado pode rematar en chats nos que se empregan insultos, palabras ofensivas ou se fala con alguén que non é quen di ser».
Na mesma liña, Lois Martínez (Xermade) e Aitana Otero (Antía Cal Vázquez) defenderon un uso positivo da tecnoloxía «para facer o ben, aprender e mellorar o mundo». Clara Martínez Pereira (Saco e Arce) puxo o foco na desigualdade global: «Somos uns privilexiados por vivir nun lugar onde todo nos é dado. (..) Noutros sitios, os nenos aínda agardan por un libro para ler». Finalmente, Roi Alves Díaz (Espedregada) cuestionou o papel da intelixencia artificial: «Se nos acostumamos a non ler, a non reflexionar, a non escribir… que futuro queremos crear?».
pleno-infantil-en-el-parlamento-de-galicia_aldeas-infantiles-sos_1.jpg Logo dos discursos, os portavoces presentaron oito compromisos, que foron sometidos a votación. A proposta máis apoiada foi: «No futuro, non facer uso habitual da Intelixencia Artificial para realizar tarefas que poidamos facer por nós mesmos». Tamén destacaron o compromiso de eliminar as pantallas dos dormitorios para mellorar o descanso e fomentar a comunicación familiar, así como a instalación de sistemas de control paterno e o respecto na comunicación en liña.
Aldeas Infantiles SOS continúa así o seu labor educativo iniciado hai 27 anos, co obxectivo de formar persoas responsables e comprometidas. Este novo ciclo do programa Abraza os teus Valores, cunha duración de tres anos, procura acadar un equilibrio no uso da tecnoloxía, protexer a infancia de contidos inadecuados e promover o benestar emocional e a participación social.
Entre as novidades destaca o reto Unha semana sen pantallas, que convida a familias e escolas a desconectarse temporalmente dos dispositivos dixitais para redescubrir outras formas de interacción, aprendizaxe e lecer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?