Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O mundo de The Witcher IV emprégase para demostrar o potencial do Unreal Engine 5.6
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O mundo de The Witcher IV emprégase para demostrar o potencial do Unreal Engine 5.6

Redacción
Publicado: 03/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cmbgnfmeb0mms07oixjvhjmad.jpgO evento anual State of Unreal organizado por Epic Games conseguiu captar todas as miradas da industria dos videoxogos cunha espectacular demo técnica ambientada no universo de The Witcher IV, desenvolvida en colaboración con CD Projekt Red, que serve de escaparate para as novas funcionalidades do Unreal Engine 5.6, que dende hoxe mesmo está dispoñible para a súa descarga.
A presentación arrancou cunha secuencia protagonizada por Ciri, a cazadora de monstros da saga, que percorre unha rexión ata agora inédita, Kovir, avanzando por un paso montañoso cuberto de neve ata chegar ao porto de Valdrest, un mercado cheo de vida e de detalles visuais impresionantes. Aínda que as escenas non pertencen directamente ao xogo final, serven como proba de concepto das capacidades técnicas da nova entrega da franquía.
cmbgnhvey0ns607ogx46q0em0.jpg Executada nunha PlayStation 5 a 60 fotogramas por segundo con trazado de raios activado, a demo explota varias das novas funcións de Unreal Engine 5.6, como o Fast Geometry Streaming Plugin, un sistema que permite cargar mundos abertos de forma moito máis rápida. Outro dos puntos destacados foi a xestión de escenas complexas e cheas de elementos, como a do mercado de Valdrest, grazas a ferramentas como o ML Deformer para animacións de alta fidelidade.
cmbfi2cn31j7i07of1cwdyujz.jpg Un dos avances máis celebrados foi o sistema Nanite Foliage, que permite representar cada folla e rama como xeometría 3D real, no canto de texturas planas, ofrecendo así un nivel de densidade e detalle sen precedentes na vexetación dos mundos virtuais. Esta función está prevista para a versión 5.7 do motor, cuxa data de lanzamento aínda non se anunciou.
Desde que se presentou Unreal Engine 5 hai tres anos, CD Projekt Red comprometeuse a traballar con Epic para potenciar a creación de mundos abertos a gran escala. A demo técnica amosa o froito desa colaboración e adianta o que os xogadores poderán esperar cando The Witcher IV chegue finalmente ao mercado, o que podería acontecer a partir de 2027.


Demo técnica realizada durante o State of Unreal

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?