Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Renovan as licenzas das canles privadas da TDT ata 2040
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Renovan as licenzas das canles privadas da TDT ata 2040

Redacción
Publicado: 03/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

200525-rueda-de-prensa-ministros1.jpgO Consello de Ministros aprobou a renovación automática das licenzas de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en ámbito estatal para catro grandes operadores privados: Atresmedia, Grupo Audiovisual Mediaset España Comunicación, Veo Televisión e Net TV. As seis licenzas renovadas terán unha vixencia de quince anos, conforme á Lei 13/2022, do 7 de xullo, que regula o servizo de comunicación audiovisual en España. Esta decisión asegura a continuidade da oferta televisiva privada en aberto no sistema de TDT, mantendo a estabilidade do sector audiovisual español ata o ano 2040 nun escenario no que seguen a ser moitas as dúbidas sobre o futuro da televisión tradicional.
A medida, publicada no Boletín Oficial do Estado o 2 de xuño de 2025, entra en vigor entre o 28 de maio e o 11 de xuño deste ano, segundo a data de expiración de cada licenza. A resolución indica que os operadores cumpren os requisitos esixidos pola normativa vixente: manterse ao corrente nos pagos de taxas, non presentar impedimentos técnicos no uso do espectro e conservar as condicións que os habilitan como titulares.
Atresmedia renova dúas licenzas que lle permiten operar cinco canles de TDT, tres delas herdadas de Antena 3 e dúas da antiga La Sexta. Mediaset España tamén mantén dúas licenzas que lle permiten emitir seis canles, cuxas orixes remóntanse a Gestevisión Telecinco e Sogecable. Pola súa parte, Veo TV e Net TV conservan as súas respectivas licenzas para dous canles cada unha.
Estas renovacións danse no marco dunha lexislación que garante a continuidade dos servizos televisivos lineais se se cumpren as condicións estipuladas. A Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial confirmou que todas as entidades implicadas presentaron a documentación requirida e superaron os controis legais e técnicos establecidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?