Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pornhub e Youporn abandonan o mercado francés
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pornhub e Youporn abandonan o mercado francés

Marcus Fernández
Publicado: 04/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pornhub_french.jpgCada vez son máis as lexislacións que están a esixir mecanismos de verificación de idade efectivos para evitar o acceso dos menores de idade a contidos non axeitados para eles, e un dos países nos que están a entrar en vigor os requisitos para a verificación de idade é Francia, o que aseguran que hoxe saldarase cunha medida que podería considerarse histórica: as populares páxinas pornográficas Pornhub e Youporn non estarán dispoñibles para os usuarios franceses.
Falamos dunha medida adoptada por Aylo, a empresa que administra os populares espazos web, que ante as dificultades para poder cumprir coa lexislación (que consideran ineficaz e perigosa para a privacidade dos cidadáns) deciden bloquear o acceso aos usuarios que cheguen de Francia.
O bloqueo suporá un duro golpe para estas páxinas web, pois Francia era o segundo país en volume de tráfico de Pornhub (España quedaría nunha 11ª posición), quedando só por detrás dos EE.UU., onde tamén están a aplicarse políticas de bloqueo en varios estados.
Este tipo de bloqueos por parte dos editores de contido para evitar ter que cumprir coa lexislación doutros países é algo moi habitual, non só con contidos para adultos, pois non son poucos os espazos web que bloquean o acceso a usuarios da Unión Europea por mor de non querer respectar a nosa lexislación de protección de datos persoais.

pornhub_francia.jpgACTUALIZACIÓN: Tras facerse efectivo o bloqueo, en Pornhub podemos ler a seguinte mensaxe:
A partir do 4 de xuño, suspenderemos o acceso ao noso sitio en Francia para dirixirnos a vós, os nosos usuarios adultos franceses.
O voso goberno propón verificar a vosa idade cada vez que accedades ao noso sitio. Parece incrible, non si? Esta medida non protexe os menores, senón que pon en perigo a privacidade de todos e expón os nenos a riscos maiores.
As filtracións de datos ocorren a diario. Obrigarvos a compartir información persoal sensible unha e outra vez supón un risco de seguridade inaceptable que nos negamos a impor.
Durante anos intentamos colaborar co goberno francés para atopar unha solución máis intelixente e segura para evitar que os menores accedan a contidos para adultos —un obxectivo que compartimos. Propuxemos alternativas máis adecuadas, como a verificación da idade directamente nos dispositivos, que protexerían tanto aos menores como a vosa privacidade. Pero ignoraron as nosas propostas.
Tamén desbotaron os datos que demostran que o seu enfoque, lonxe de protexer, pon en risco os cidadáns, é dicir, a vós.
A realidade é dura: esta lei fai que os usuarios acaben noutros milleiros de sitios que eluden as normas, non verifican a idade das persoas nos vídeos e incluso animan os usuarios a saltarse a legalidade. Ao contrario ca nós, eses sitios non controlan o contido nin priorizan a seguridade, facendo todo máis perigoso.
Coa suspensión do acceso, tomamos posición: negámonos a comprometer a vosa privacidade con medidas que, en realidade, non protexen eficazmente os menores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?