Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cobertura da telefonía móbil 5G de verdade segue a ser moi deficiente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cobertura da telefonía móbil 5G de verdade segue a ser moi deficiente

Redacción
Publicado: 06/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

el-ministro-oscar-l-pez-en-la-presentaci-n-del-informe-de-cobertura-de-banda-ancha-2024-1-1.jpgO último Informe de Cobertura de Banda Larga en España, presentado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, recolle que oito de cada dez residentes en zonas rurais xa dispoñen de cobertura 5G, unha cifra que supón triplicar os valores rexistrados no ano 2021, cando apenas o 26 % tiña acceso a esta tecnoloxía. Só no último ano, a cobertura rural medrou 11 puntos porcentuais.
O ministro Óscar López salientou que España é referente europeo en conectividade grazas á cooperación público-privada. Comparou a situación con Alemaña, onde en determinadas zonas de Baviera aínda non se alcanza o 20 % de cobertura 5G, e defendeu que o Goberno español aposta pola cohesión territorial: «Estamos construíndo unha rede sen fendas dixitais».
Este progreso sostense nos investimentos realizados a través do programa UNICO 5G Redes Activas, que destinou preto de 670 millóns de euros en 2024 a impulsar a despregadurade 5G Stand Alone (SA), especialmente en municipios de menos de 10.000 habitantes e con foco na banda de 3,5 GHz.
No conxunto do territorio, a cobertura móbil 5G acada o 96 % da poboación, cun incremento interanual de máis de 3,5 puntos e unha suba total de 37 puntos desde 2021.
O informe tamén amosa avances cara aos obxectivos da Década Dixital 2030 da Comisión Europea. España supera o 90 % en tres indicadores clave: redes fixas de alta capacidade con velocidades de ata 1 Gbps (94 %), cobertura por fibra óptica (95 %) e cobertura 5G global (96 %). En zonas rurais, a cobertura fixa a velocidades de 1 Gbps chega ao 84 % dos fogares.
mapa_banda_larga_fixa_parcelas.jpg A despregadura de fibra óptica tamén avanza a bo ritmo grazas ao programa UNICO Banda Larga, que entre 2021 e 2024 canalizou 647 millóns de euros. Estes proxectos seguen en execución e permitirán ampliar aínda máis a cobertura.
Pola súa banda, a cobertura 5G nas bandas prioritarias de 3,4-3,8 GHz medrou 16 puntos no último ano e alcanza o 74 % da poboación. No rural, a banda de 3,5 GHz chegou ao 23 % da poboación, cun aumento de máis de 12 puntos porcentuais.
O informe complétase con mapas interactivos de cobertura de banda larga, tanto fixa como móbil, que permiten realizar consultas ata nivel de parcela catastral ou municipio. Ademais, por vez primeira, publícanse mapas cos servizos dispoñibles nunha localización concreta e os operadores que os ofrecen, xunto con datos reutilizables desde o ano 2013.

A 5G segue a ser unha promesa en Galicia

mapa_5g_sa_galicia.jpgA consulta destes mapas en Galicia pode resultar de grande utilidade, xa que podemos comprobar a nivel de parcela os operadores que dan cobertura de fibra óptica (información moi práctica para localizar as mellores ofertas dispoñibles) e tamén podemos comprobar a situación actual das coberturas de banda larga fixa e móbil nos distintos núcleos de poboación, resultando especialmente rechamante a mala situación da 5G SA (considerada como a rede 5G de verdade) que estaría completamente ausente na provincia de Ourense e limitaría a súa presenza ao 23,11 % da poboación principalmente por estar presente nas cidades de Vigo e A Coruña. Dado que esta tecnoloxía só está dispoñible a través dalgún operadora, poderiamos asegurar que a presenza da 5G SA en Galicia é anecdótica, o que pode resultar frustrante, xa que levamos moitos anos escoitando falar das vantaxes da 5G, especialmente para o rural, e ver que na nosa comunidade non pasa de promesa, mentres nos animan a adquirir smartphones con 5G que na nosa comunidade estarían lonxe de poder aproveitarse tecnicamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?