Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 2,3 millóns de euros para garantir a seguridade informática do Servizo Galego de Saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

2,3 millóns de euros para garantir a seguridade informática do Servizo Galego de Saúde

Redacción
Publicado: 09/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

presidente_20250609150441.jpgO Consello da Xunta aprobou esta mañá a contratación de dúas novas plataformas de ciberseguridade co obxectivo de reforzar a protección dos datos e dos dispositivos conectados á Internet que pertencen á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde. O Goberno galego destinará un investimento de 2.339.888 euros para garantir o correcto funcionamento dos sistemas de información sanitaria.
Esta medida forma parte do Plan de ciberseguridade presentado pola Consellería en 2023, e ten como finalidade dar cobertura a todo o sistema público de saúde de Galicia. Con estas novas ferramentas, reforzaranse as capacidades dun sistema que no pasado ano foi acreditado cun nivel alto no Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
A primeira das plataformas, coñecida como Internet of Medical Things (IoMT), permitirá supervisar e xestionar a seguridade dos dispositivos conectados á rede que se consideran equipamento electromédico, como os sistemas de monitorización e laboratorio, quirófanos intelixentes, equipos de imaxe ou aparellos de diagnóstico remoto. Ademais, contribuirá á protección de sistemas que controlan infraestruturas e instalacións sanitarias, como sensores, climatización, subministración eléctrica ou neveiras. Para este fin, reservarase unha partida de 1.704.890 euros.
Por outra banda, destinaranse 634.998 euros ao fortalecemento da seguridade dos sistemas de información que a Consellería de Sanidade pon ao dispor da cidadanía, profesionais, empresas e provedores. A través da incorporación dunha devasa WAF (Web Application Firewall), procurarase mellorar a protección dos portais web da sanidade pública galega, así como das súas plataformas e aplicacións móbiles (e-Saúde, Sergas Móbil, TELEA, PHR, entre outras).
Entre as funcionalidades da WAF destaca a capacidade de engadir unha capa extra de protección fronte a ataques externos como os DDoS (denegación de servizo distribuída), que buscan colapsar os servidores con múltiples peticións simultáneas. Ademais, axudará a evitar intentos de roubo de datos persoais aproveitando vulnerabilidades nos servizos dixitais, como erros de programación ou fallos na infraestrutura interna.
O sistema sanitario público galego é un piar esencial do benestar da poboación e un símbolo de identidade recoñecido tanto a nivel nacional como internacional. As tecnoloxías da información e da comunicación teñen hoxe un papel clave na atención sanitaria, ao facilitaren o acceso á historia clínica electrónica, o uso da e-receita ou a consulta de información médica a través de aplicacións como Sergas Móbil.
Por este motivo, e aínda que a seguridade absoluta non é posible no ámbito informático, identificar e anticipar as ameazas, así como contar con mecanismos de resposta eficaces, resulta imprescindible para reducir os riscos fronte a posibles ataques.
Segundo o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), o sector sanitario é especialmente vulnerable aos ciberataques debido ao elevado valor dos datos clínicos e persoais. De feito, nos últimos anos varios hospitais, tanto en España como no estranxeiro, sufriron ataques que afectaron gravemente o seu funcionamento.
A contratación destas dúas plataformas está cofinanciada con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no marco da estratexia para a dixitalización da atención primaria e comunitaria. Enmárcase, así mesmo, dentro do Plan de transformación e saúde dixital 2023-2026 e do Plan de ciberseguridade da Consellería de Sanidade, que conta cun orzamento global de 9,8 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?