Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple amosa as novidades que recibirán os seus sistemas operativos no outono
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple amosa as novidades que recibirán os seus sistemas operativos no outono

Redacción
Publicado: 09/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

liquid_glass.gifNo marco da súa conferencia anual para desenvolvedores WWDC 2025 Apple presentou unha profunda renovación do ecosistema de software que sustenta os seus dispositivos, dende o iPhone ata o Apple Vision Pro. As novas versións dos sistemas operativos —iOS 26, iPadOS 26, macOS Tahoe 26, watchOS 26, visionOS 26 e tvOS 26— comparten por primeira vez número de versión e un deseño común coñecido como Liquid Glass, que introduce elementos translúcidos e dinámicos que se adaptan ao contido e ao contexto de uso.
Este redeseño afecta a todos os aspectos visuais e funcionais do sistema: iconas, barras de navegación, widgets ou o Centro de Control, e busca unha experiencia máis viva, expresiva e personalizada sen perder a identidade tradicional das plataformas de Apple. O cambio visual vén acompañado dunha profunda integración de Apple Intelligence, o sistema de intelixencia artificial privada da compañía, que amplía as súas capacidades e chegan a moitas máis aplicacións e dispositivos. As novidades presentadas están dispoñibles desde hoxe para desenvolvedores e chegarán ao público en forma de actualizacións gratuítas no outono.

Contidos
  • Apple Intelligence, agora accesible e máis omnipresente
  • iOS 26: deseño refinado e novas opcións de comunicación
  • iPadOS 26: multitarefa avanzada e ferramentas profesionais
  • macOS Tahoe 26: produtividade aumentada con Spotlight e integración con iPhone
  • watchOS 26: máis persoal, máis intelixente
  • visionOS 26: experiencias espaciais máis inmersivas
  • tvOS 26: deseño refinado e mellora na interacción

Apple Intelligence, agora accesible e máis omnipresente

apple-wwdc25-apple-intelligence-hero-250609.jpgA IA de Apple expándese agora con novas funcións como a tradución en tempo real en Mensaxes, FaceTime e chamadas telefónicas (en inglés, francés, alemán, portugués do Brasil e español), así como a capacidade de comprender e actuar sobre o que o usuario ve na pantalla mediante a nova intelixencia visual. Tamén se reforzan ferramentas como Genmoji, Image Playground ou as Respostas intelixentes, que permiten crear imaxes, textos ou reaccións personalizadas con só describilas.
Co novo marco Foundation Models, os desenvolvedores poden acceder directamente ao modelo de linguaxe local dispoñible no dispositivo para integrar Apple Intelligence nas súas propias aplicacións, sen depender da nube e mantendo os datos do usuario sempre privados.

iOS 26: deseño refinado e novas opcións de comunicación

apple-wwdc25-ios-26-hero-250609.jpgO iPhone recibirá en outono iOS 26, cun novo aspecto máis fluído, personalización das iconas e widgets, unha pantalla de bloqueo que adapta o reloxo ao fondo e novas experiencias en aplicacións como Cámara, Safari ou Música. A aplicación Mensaxes incorpora fondos personalizados, opción de crear enquisas e un filtro automático de remitentes descoñecidos.
Na aplicación Teléfono, destacan dúas novas funcións: Call Screening ou Caixa de Voz en Vivo, que permite filtrar chamadas recollendo a intención do interlocutor antes de que o usuario conteste, e Hold Assist, que detecta automaticamente cando un axente humano está dispoñible nunha chamada en espera.

iPadOS 26: multitarefa avanzada e ferramentas profesionais

apple-wwdc25-ipados-26-preview-app-mark-up-250609.jpgO iPad da un paso adiante en produtividade con iPadOS 26, que incorpora un novo sistema de xestión de fiestras máis potente e intuitivo, un menú contextual superior en aplicacións, e compatibilidade plena con pantallas externas. A aplicación Ficheiros permite agora personalizar cartafoles con iconas ou cores, e a Vista Previa chega á tableta para edición e anotación de documentos en formato PDF.
O sistema tamén se abre a novos fluxos de traballo creativos con tarefas en segundo plano, control detallado da entrada de audio e gravacións locais de calidade profesional, todo iso beneficiándose da potencia dos chips Apple Silicon.

macOS Tahoe 26: produtividade aumentada con Spotlight e integración con iPhone

apple-wwdc25-macos-tahoe-26-phone-app-250609.jpgO novo sistema operativo para Mac, macOS Tahoe 26, destaca pola renovación estética coa incorporación de Liquid Glass en barras, iconas e o escritorio, e pola chegada da aplicación Teléfono ao escritorio grazas a Continuity. Live Activities tamén se integra na barra de menú para seguir eventos en tempo real dende o iPhone.
A gran revolución chega a Spotlight, que agora permite realizar accións directamente sen cambiar de aplicación, buscar en servizos de terceiros e aprender do comportamento do usuario para suxerir accesos rápidos.

watchOS 26: máis persoal, máis intelixente

apple-wwdc25-watchos-26-hero-250609.jpgO Apple Watch gaña expresividade visual co novo deseño e funcionalidades como Grupo Intelixente, que suxire accións en función do contexto do usuario, ou xestos manuais como o movemento da boneca para silenciar notificacións. A estrela é Workout Buddy, un asistente de exercicio xerado por IA que ofrece motivación personalizada en tempo real.
Mensaxes tamén se reforza con traducións automáticas e respostas intelixentes máis contextuais, e a nova aplicación Notas permite crear ou consultar notas directamente no reloxo.

visionOS 26: experiencias espaciais máis inmersivas

visionos_vr2.jpgO Apple Vision Pro estreará con visionOS 26 widgets espaciais que se fixan no contorno do usuario, melloras nas representacións persoais (Personas) e novas escenas fotográficas xeradas por IA que engaden profundidade realista ás imaxes. O sistema tamén permite compartir experiencias espaciais entre varios usuarios na mesma sala e incorpora compatibilidade cos mandos de PlayStation VR2 para xogos máis inmersivos.

tvOS 26: deseño refinado e mellora na interacción

apple-wwdc25-tvos-26-apple-account-login-api-250609.jpgNa televisión, tvOS 26 trae a estética Liquid Glass á pantalla grande, mellora a organización dos perfís, simplifica os inicios de sesión e converte o iPhone nun micrófono para sesións de karaoke con Canta en Apple Music. A experiencia de FaceTime tamén se enriquece con pósters de contacto e subtítulos en tempo real en máis idiomas.


Vídeo inaugural da WWDC

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?