Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Android 16 lánzase oficialmente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Android 16 lánzase oficialmente

Redacción
Publicado: 10/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

android_16_blog.jpgGoogle comezou hoxe o despregamento oficial de Android 16, que chega en primeiro lugar aos dispositivos Pixel e se estenderá a outras marcas ao longo do ano. Esta nova versión do sistema operativo móbil, a máis temperá dos últimos anos, incorpora cambios destacados tanto no deseño como na funcionalidade, centrados na personalización, a accesibilidade e a produtividade.
Un dos piares de Android 16 é a introdución do novo deseño Material 3 Expressive, que busca ofrecer unha experiencia máis visual, clara e adaptada ás necesidades de cada usuario. Nesta liña, a xestión de notificacións dá un paso adiante: agora os avisos de aplicacións como servizos de comida ou transporte poden actualizarse en tempo real, grazas ás chamadas notificacións vivas, unha función que se irá estendendo dentro do ecosistema Android, incluíndo en sistemas como Samsung Now Bar e Live Alerts de Oppo e OnePlus.
Pensando na accesibilidade, Android 16 incorpora importantes melloras para usuarios con audiófonos. Por primeira vez, será posible empregar o micrófono do propio teléfono en chamadas, no canto dos micrófonos frontais dos audiófonos LE Audio, algo que axudará en contornos ruidosos. Tamén se engade control nativo para estes dispositivos, o que permite axustar opcións como o volume ou os modos de son directamente dende o teléfono.
No eido da seguridade, a nova versión do sistema permite activar Advanced Protection, o programa de protección móbil máis avanzado de Google, dirixido tanto a persoas que traballan con información sensible como a usuarios que desexan un maior control fronte a ameazas dixitais. Inclúe medidas contra apps perigosas, chamadas fraudulentas e ataques sofisticados.
Android 16 tamén aposta por mellorar a produtividade en dispositivos de pantalla grande. En colaboración con Samsung, introdúcese o modo desktop windowing, que permite abrir e organizar varias aplicacións en fiestras redimensionables, ao estilo dun ordenador de escritorio. Prevese ademais a chegada de funcións como atallos de teclado personalizados e un novo sistema de xestión de aplicacións na barra de tarefas.
A actualización tamén achega melloras como capturas de pantalla en HDR, taxa de refresco adaptativa e novos mecanismos de verificación de identidade. A versión Material 3 Expressive estenderase tamén a Wear OS 6 antes de final de ano.
android16_new_features.jpg Xunto con Android 16, Google anunciou seis novas funcións personalizadas dispoñibles en Android: a posibilidade de renomear e personalizar grupos en Google Messages, edición intelixente de imaxes en Google Fotos con ferramentas potenciadas por IA, xestión avanzada de dispositivos no fogar con Google Home, ampliación dos tempos de seguridade en Safety Check, novas combinacións de emoji en Emoji Kitchen e pagamentos no transporte público desde reloxos con Wear OS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?