Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Suxiren que os servizos de intelixencia rusos poderían rastrexar a actividade de Telegram
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Suxiren que os servizos de intelixencia rusos poderían rastrexar a actividade de Telegram

Redacción
Publicado: 13/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pavel_durov.jpgTelegram, o popular servizo de mensaxería fundado por Pável Dúrov, construíu a súa reputación global sobre a promesa de garantir a privacidade dos seus usuarios. Porén, unha investigación de Vazhniye Istorii desmonta esa imaxe e revela vínculos co aparato de seguridade ruso, acceso potencial do FSB a datos de usuarios e unha infraestrutura tecnolóxica xestionada desde Rusia.
A pesar de que Dúrov asegura vivir no exilio desde 2014, os rexistros da axencia fronteiriza rusa indican que viaxou máis de 50 veces á Federación Rusa desde entón, coincidindo co bloqueo frustrado de Telegram en 2018 e a súa crise financeira trala paralización do proxecto de criptomoeda TON por parte dos reguladores estadounidenses.
A clave está na infraestrutura: moitos dos servidores de Telegram están xestionados por unha empresa chamada Global Network Management (GNM), rexistrada en Antigua e Barbuda, pero cunha operativa ligada a Rusia. O seu dono, Vladímir Vedénev, é un cidadán ruso con oficina en San Petersburgo e acceso exclusivo aos servidores de Telegram en varios centros de datos, incluído un en Miami.
20190212-0005.jpg GNM ten vínculos directos con empresas que prestan servizos ao FSB, como Elektrontelekom, que traballa no mantemento de redes de comunicación secreta da axencia. A súa rede de enderezos IP conecta tamén con GlobalNet, antigo provedor principal de Telegram en Rusia e operador de plataformas de inspección profunda de paquetes (DPI), que permiten espiar o tráfico dixital.
A pesar das reiteradas declaracións públicas de Dúrov defendendo a liberdade e a confidencialidade, os expertos sinalan que Telegram non emprega cifrado punto a punto por defecto e que revela identificadores de dispositivos sen cifrar, facilitando a súa monitorización. A tecnoloxía que emprega permite seguir a pista dos usuarios, identificar redes de contactos e mesmo determinar a súa localización.
Casos documentados por Wired e organizacións como o Primeiro Departamento mostran que as autoridades rusas accederon a contidos de chats considerados secretos sen necesidade de manipular os dispositivos dos usuarios. A recente vixilancia de bots ucraínos utilizados por cidadáns rusos para enviar información tamén evidencia que as autoridades poden monitorizar comunicacións internas sen orde xudicial.
Finalmente, o mito da liberdade promovido por Dúrov tamén se pon en dúbida polas súas actuacións durante as protestas de 2011. Segundo documentos filtrados, VKontakte, rede social que tamén fundou, entregaba datos masivos de usuarios ás forzas de seguridade e creaba grupos falsos para desinformar e dividir os manifestantes. Estas accións, lonxe de resistir á presión do Kremlin, contribuíron á súa lóxica de control e represión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?