Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector tecnolóxico galego supera os 23 mil empregados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector tecnolóxico galego supera os 23 mil empregados

Redacción
Publicado: 16/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

osimga_grafica_3.jpgO sector tecnolóxico galego continúa coa súa tendencia de crecemento e alcanza a súa cifra récord de profesionais, con 23.467 persoas empregadas. Galicia conta con 3.108 empresas TIC, o que representa o 4,7 % do total estatal e mantén á Comunidade na quinta posición no conxunto de España en número de compañías deste ámbito.
sector_tic_galicia_ed_2024.jpg No plano económico, o Valor Engadido Bruto do sector situouse nos 1.806 millóns de euros no ano 2022 (último dato dispoñible), a cifra máis elevada da serie histórica, equivalente ao 2,53 % do PIB galego.
Pola súa banda, o volume de negocio das empresas tecnolóxicas galegas alcanzou os 3.714 millóns de euros, cun incremento do 0,5 % respecto ao exercicio anterior.
Estes datos forman parte do informe Galicia Dixital: O sector TIC de Galicia 2024, elaborado polo OSIMGA.

Contidos
  • Impulso ás tecnoloxías intelixentes e á innovación
  • Perfís profesionais e necesidades de contratación
  • Avance do comercio electrónico e da formación interna
  • Infraestruturas e ferramentas dixitais

Impulso ás tecnoloxías intelixentes e á innovación

Entre as tecnoloxías emerxentes no sector, destaca a intelixencia artificial, presente en máis do 38,3 % das empresas, cun uso predominante na xeración de linguaxe natural (aplicada polo 67,4 % das compañías que integran IA).
Tamén teñen unha presenza relevante o Big Data (35 %) e o Internet das Cousas (36,6 %), mediante o uso de sensores, cámaras e termóstatos intelixentes. Asemade, medra a adopción de solucións como o Business Intelligence (24,3 %) e o Blockchain (22,2 %).
No ámbito da innovación, o 36,8 % das empresas tecnolóxicas desenvolveu actividades de I+D+i nos últimos tres anos, mentres que o 34,7 % introduciu produtos novos ou mellorados, un 20% máis que no exercicio anterior.
En canto á ciberseguridade, o 26,3 % das empresas TIC galegas ofrece servizos neste eido.

Perfís profesionais e necesidades de contratación

Segundo o informe de OSIMGA, o 40 % do persoal das empresas TIC galegas posúe titulación universitaria nas áreas STEM, mentres que os titulados de ciclos formativos nestas disciplinas representan o 28,2 %, cun aumento do 35,5 % respecto ao ano anterior.
O 76,7 % das empresas TIC sinalan dificultades considerables para contratar profesionais cualificados.

Avance do comercio electrónico e da formación interna

No último ano, a proporción de empresas TIC galegas que realizan vendas en liña medrou en máis dun 2,5 %, situándose no 33,4 %. Esta canle representa xa o 54,4 % do volume total de negocio do sector.
Ademais, o 40,4 % das empresas ofrece formación TIC ao seu persoal, un incremento do 11,9 % respecto ao ano 2023. As áreas de maior interese formativo son a intelixencia artificial (59,1 %) e a ciberseguridade (50,8 %).

Infraestruturas e ferramentas dixitais

As ferramentas de xestión contable están implantadas no 90 % das empresas TIC, mentres que o 69,6 % emprega servizos de computación na nube (cun aumento do 9,4 %). No referente á conectividade, a fibra óptica é a tecnoloxía de acceso a Internet máis utilizada, cunha cobertura do 81,7 %. Ademais, o 97,1 % das compañías dispoñen de conexións cunha velocidade igual ou superior a 100 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?