Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O vindeiro Prime Day durará 4 días
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O vindeiro Prime Day durará 4 días

Redacción
Publicado: 17/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

b88304cc-7113-4f7d-bc33-aeff8e574c70.jpgAmazon celebrará unha nova edición do Prime Day entre o 8 e o 11 de xullo, ampliando a duración do evento, que naceu en 2015 cunha duración de 24 horas e en 2019 se estabilizou en 48 horas. Agora que se dobrou a duración xa se poderiamos falar de Amazon Week. Durante estes períodos de promoción a multinacional de comercio electrónico achega centos de milleiros de ofertas para os seus subscritores Prime. Durante eses catro días os clientes Prime poderán acceder a descontos en categorías como moda, tecnoloxía, fogar, coidado persoal ou xoguetes, tanto de grandes marcas (como Adidas, Sony, Levi’s, Oral B ou Tommy Hilfiger) como de pequenas e medianas empresas presentes na plataforma.
Unha das principais novidades deste ano é a sección Ofertas de hoxe, que cada medianoite activará novas promocións con tempo limitado en distintas categorías. Ademais, Amazon ofrece descontos anticipados a partir do 17 de xuño en artigos de Amazon Essentials, dispositivos como Echo ou Fire TV, ou produtos da tenda Amazon Segunda Man, con rebaixas adicionais do 15 % ata o 7 de xullo.
Como promoción especial, os mozos de 18 a 22 anos e os estudantes poderán acceder a todos os beneficios por metade do prezo habitual da subscrición. Outros incentivos destacados inclúen catro meses gratuítos de Amazon Music Unlimited para novos usuarios Prime, tres meses de Kindle Unlimited por 0 euros, e seis videoxogos dispoñibles sen custo con Prime Gaming: Tomb Raider I-III Remastered, Saints Row 2, Saints Row IV Re-Elected, Star Wars: Rebellion, TOEM e Dungeon of the Endless: Definitive Edition.
A nivel alimentario, o supermercado Amazon Fresh ofrecerá descontos de ata o 30 % en marcas como Coca-Cola ou Danone, con entrega no mesmo día, mentres que os clientes da tenda Dia tamén poderán beneficiarse de aforros exclusivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?