Tinder vén de presentar Double Date, unha funcionalidade que permite emparellarse cun amigo ou amiga para ligar con outras parellas dentro da aplicación. O obxectivo é transformar a experiencia do Swipe nun xogo compartido, máis divertido, máis social e con moita menos presión.
Esta nova proposta baséase no éxito de ferramentas como Tinder Matchmaker ou Share My Date, que xa implicaban amizades e familiares na busca de parella. Agora, Double Date dá un paso máis e converte o feito de coñecer xente nova nun plan conxunto, pensado especialmente para a xeración Z, que xa representa máis da metade dos usuarios globais da plataforma.
Nas probas realizadas en distintos países, Tinder comprobou que case o 90 % dos perfís creados para Double Date pertencían a menores de 29 anos. A funcionalidade gustou especialmente entre as mulleres, que triplicaron os likes a parellas fronte aos perfís individuais. Ademais, nas conversas abertas a través de Double Date enviáronse un 35 % máis de mensaxes que nos chats clásicos de dúas persoas.
O seu uso é sinxelo: desde a icona de Double Date na pantalla principal, calquera pode convidar ata tres amizades para formar unha parella. Unha vez feita a combinación, só é preciso que unha das dúas persoas dea like a outra parella e, se hai coincidencia, ábrese de inmediato un chat conxunto. Así, a conversa flúe sen presión e a cita convértese nun plan colectivo, menos ríxido e máis natural.
Durante o período de probas, Double Date tamén serviu para atraer novos usuarios ou recuperar contas inactivas. Preto do 15 % dos que aceptaron unha invitación a esta función eran persoas novas na aplicación ou que regresaban tras un tempo sen usala.
A funcionalidade está xa dispoñible nos Estados Unidos e noutros mercados como España, e Tinder prevé o seu lanzamento global ao longo do mes de xullo.
Tinder quere revitalizarse con citas dobres
Compartir Este Artigo
