Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA contará cun Centro Demostrador de Datos para as Ciencias da Vida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA contará cun Centro Demostrador de Datos para as Ciencias da Vida

Redacción
Publicado: 18/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250618_gain_xornada_04av.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Carmen Cotelo, participou hoxe na xornada Oportunidades do Espazo de Datos DATAlife para as Ciencias da Vida e One Health, onde se presentou o demostrador multisectorial DATAlife, no que se investirán 9 millóns de euros. O obxectivo é impulsar o desenvolvemento tecnolóxico e o coñecemento mediante o aproveitamento compartido de datos ao servizo da sociedade.
Organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través do CESGA, a xornada achegou a investigadores e empresas do ecosistema biotecnolóxico español os servizos, casos de uso, oportunidades de financiamento e vías de colaboración asociadas á nova plataforma promovida polo centro.
Durante a súa intervención, Carmen Cotelo salientou que o proxecto « exemplifica a evolución do papel do CESGA desde unha infraestrutura de cálculo e almacenamento cara un provedor de servizos e motor de colaboración doutros axentes do tecido innovador e investigador de Galicia». Tamén puxo en valor as capacidades da comunidade galega tanto no ámbito da supercomputación (coa ampliación do CESGA en marcha) como nas Ciencias da Vida, dous sectores estratéxicos incluídos como iniciativas de alto impacto no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.
A nova plataforma tecnolóxica que desenvolverá o CESGA incluirá un espazo de datos e compoñentes de software orientados ao despregue de casos de uso e probas de concepto baseadas na tecnoloxía de espazos de datos. Para iso conta cunha achega de arredor de 3,1 millóns de euros procedentes de fondos europeos a través do Mecanismo de Recuperación do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Esta infraestrutura servirá para avanzar na investigación e innovación vinculadas ao enfoque One Health, promovendo un intercambio de datos seguro, eficiente e conforme cos principios de soberanía dixital.
Ademais, o CESGA porá en marcha un caso de uso propio denominado FarmaciaVAX, baseado en datos abertos e sintéticos, orientado á xestión da vacinación a partir de datos. O seu propósito é incrementar as taxas de cobertura vacinal e explorar novas fórmulas para a administración de vacinas nas farmacias.
Xunto a este, tamén se impulsarán outros seis casos de uso relacionados con áreas diversas do sector sanitario e sociosanitario )como a xestión hospitalaria, a investigación clínica ou a atención a persoas maiores) que poderán aproveitar o demostrador para progresar nas súas investigacións. Cada un deles contará cun financiamento adicional dun millón de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?