Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e Microsoft avanzan no desenvolvemento de iniciativas de IA ética e responsable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e Microsoft avanzan no desenvolvemento de iniciativas de IA ética e responsable

Redacción
Publicado: 19/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

2025-06-xunta-de-galicia-y-microsoft.jpgO presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente de Microsoft España, Paco Salcedo, mantiveron un encontro en Santiago de Compostela para avaliar o impacto da implantación da intelixencia artificial na administración galega e avanzar en novas liñas de colaboración que melloren a eficiencia dos servizos públicos.
A Xunta está a aplicar xa tecnoloxías de IA en sectores como o sanitario, coa finalidade de axilizar o acceso á información médica e apoiar a toma de decisións clínicas, sempre garantindo a privacidade e a seguridade dos datos dos pacientes. Esta iniciativa enmárcase no protocolo de intencións subscrito hai un ano entre o Goberno galego e Microsoft España, que promove o desenvolvemento conxunto de solucións innovadoras para mellorar a produtividade administrativa e a calidade de vida da cidadanía.
Este protocolo súmase a outros acordos previos entre ambas as entidades, como o establecido en materia de ciberseguridade a través do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, centrado na loita contra as ameazas dixitais e na potenciación das capacidades tecnolóxicas de Galicia. Tamén destaca o convenio para a formación en Intelixencia Artificial de 45.000 mozos desempregados galegos, canalizado a través do Servizo Público de Emprego.
A Xunta e Microsoft reiteraron así o seu compromiso por continuar identificando novas oportunidades de cooperación tecnolóxica e dixital, co obxectivo de consolidar o ecosistema galego de innovación e favorecer a integración da IA tanto nas empresas como nas administracións públicas da comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?