Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mobify amplía a súa frota de vehículos eléctricos e estrea podcast
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mobify amplía a súa frota de vehículos eléctricos e estrea podcast

Redacción
Publicado: 19/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobify_ds26o4mado7j2ytc9tgvp.jpgA empresa galega Mobify protagoniza unha expansión sen precedentes no sector da mobilidade compartida ao incrementar nun 600 % a súa frota en apenas un ano, apostando decididamente pola electrificación e a eficiencia enerxética. O crecemento vén da man dunha alianza estratéxica coa multinacional BYD, líder mundial en vehículos enchufables e tecnoloxía de baterías, que achegou 17 vehículos 100 % eléctricos á nova frota da compañía.
Este salto tecnolóxico permite a Mobify operar xa con 70 vehículos híbridos e eléctricos, todos eles equipados con tecnoloxía de última xeración e etiquetas ambientais, o que sitúa a Galicia na vangarda da mobilidade sustentable. A nova frota permite ampliar servizos na Coruña, Ourense e, como novidade, tamén en Santiago de Compostela, cubrindo así os principais polos urbanos da comunidade.
A incorporación dos vehículos de BYD supón tamén unha aposta pola conectividade e a eficiencia: os novos modelos contan con alta autonomía, sistemas intelixentes de xestión da enerxía e soporte técnico especializado en Galicia grazas á colaboración co Grupo Pérez Rumbao. Mobify non só mellora así a cobertura territorial, senón tamén a experiencia de usuario cun servizo máis cómodo, competitivo e personalizado, incorporando mesmo opcións como cadeiras infantís ou reservas dinámicas.
mobify_34iwk4wnqvjfetm32kar.jpg Este proceso de renovación e escalado tecnolóxico ten unha lectura máis ampla: a empresa reivindica a necesidade dunha normativa municipal áxil e adaptada á realidade dos vehículos compartidos. Segundo datos da compañía, os vehículos privados apenas se usan nun 3 % da súa vida útil, fronte ao 60 % dos vehículos compartidos, o que podería reducir o parque móbil urbano ata vinte veces e recortar as emisións contaminantes nun 65 %.
A presentación oficial da nova etapa tivo lugar no evento Circomoción, celebrado no Xardín Botánico de Ourense, onde Mobify e axencia SOC Comunicación combinaron espectáculo, tecnoloxía e mensaxe social. A cita serviu tamén para estrear o podcast itinerante E ti de quen vés sendo?, conducido polo influente Gabi García, a bordo dun dos novos vehículos eléctricos.


O novo podcast de Mobify

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?