Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Comité Europeo das Rexións avanza nun ditame na liña da estratexia galega de intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Comité Europeo das Rexións avanza nun ditame na liña da estratexia galega de intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 19/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gamallo-carintia.jpgO director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presentou a Lei galega de desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial na cuarta sesión da Comisión de Política Económica (ECON) do oitavo mandato do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrada na cidade austríaca de Klagenfurt am Wörthersee, onde os representantes das rexións e cidades apoiaron un ditame aliñado co Plan de Acción para o Continente da Intelixencia Artificial da UE, unha iniciativa dotada con 200.000 millóns de euros que busca situar Europa á fronte mundial nesta tecnoloxía.
Durante a súa intervención, Gamallo salientou o papel pioneiro de Galicia ao ser a primeira rexión europea en lexislar sobre a intelixencia artificial, tanto para regular o seu uso na Administración e no sector público autonómico como para promovela e favorecer o seu desenvolvemento. Esta iniciativa inscríbese na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030, que mobilizará máis de 330 millóns de euros públicos, cun impacto económico estimado en 472 millóns, coa fin de implantar en Galicia unha IA avanzada, segura, ética e centrada nas persoas.
Na mesma sesión tamén se abordou un ditame sobre o Libro Branco Preparación en materia de defensa europea 2030, cuxo obxectivo é reforzar a cadea de subministración e a industria de defensa da UE a través dun maior investimento e da cooperación entre Estados membros. A comisión ECON defendeu o recoñecemento do papel das rexións e municipios no apoio ás pemes do sector, e reclamou unha rede cohesionada de infraestruturas de dobre uso, así como máis flexibilidade fiscal e oportunidades económicas.
Gamallo subliñou que esta folla de ruta europea coincide coa Estratexia galega de Aeroespazo, Seguridade e Defensa recentemente aprobada pola Xunta de Galicia, coa que se prevé mobilizar 900 millóns de euros para fomentar o crecemento empresarial, atraer investimentos industriais, fortalecer as capacidades produtivas e liderar as novas políticas nesta materia en España. Ademais, os representantes das rexións trataron un ditame sobre o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais e participaron nunha conferencia titulada Rexións sostibles e competitivas na UE.
Galicia forma parte, neste mandato 2025-2030 do Comité Europeo das Rexións, das comisións ECON (Política Económica) e CIVEX (Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores). A comisión ECON elabora ditames sobre temas como economía, industria e competencia, trasladando a perspectiva das rexións e municipios á política económica, industrial e comercial da Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?