Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta achega o proxecto de reclamación dixital en materia de consumo aos hipermercados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta achega o proxecto de reclamación dixital en materia de consumo aos hipermercados

Redacción
Publicado: 20/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250620dxccqrcarrefour.jpgO director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitou esta mañá un dos establecementos da cadea Carrefour, situado no centro comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela. Neste punto de venda está dispoñible o sistema de reclamacións dixitais mediante código QR, unha iniciativa que xa se está a implantar en múltiples locais comerciais de Galicia.
Gabriel Alén agradeceu a implicación da empresa e o seu compromiso coa atención ao cliente, e lembrou que, ante calquera dúbida relacionada co consumo, a cidadanía pode recorrer ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia. Na actualidade, máis de 200 establecementos en toda Galicia dispoñen xa deste sistema de reclamación dixital.
20250620dxccqrcarrefour1.jpg o director xeral salientou a sinxeleza, rapidez e utilidade do sistema, que permite ás empresas manter unha canle de comunicación directa cos seus clientes. Explicou que o proceso consiste en escanear un código QR que leva a un formulario en liña onde se introducen os datos persoais e o motivo da reclamación. Esta é enviada á empresa de forma electrónica e, automaticamente, o usuario recibe un correo indicando o día e hora da presentación, así como o prazo dun mes que ten a empresa para responder.
Se transcorrido ese mes non hai resposta ou esta resulta insatisfactoria, a persoa consumidora pode presentar unha nova reclamación ante o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a través dun enlace incluído no mesmo correo e aproveitando os datos xa cubertos na primeira reclamación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?