Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo laboratorio de microbioloxía do CHUO é o primeiro de Galicia automatizado e con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo laboratorio de microbioloxía do CHUO é o primeiro de Galicia automatizado e con IA

Redacción
Publicado: 20/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gt4v0gfx0aahsbl.jpgO conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor os avances do novo laboratorio de microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que destaca pola súa axilidade e fiabilidade, converténdose no primeiro de Galicia automatizado e dotado de intelixencia artificial para o recoñecemento de imaxes de cultivos.
Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo xerente da área sanitaria, Santiago Camba, Gómez Caamaño visitou as instalacións situadas no edificio Santa María Nai, onde a Xunta destinou máis de 6,3 millóns de euros á adquisición de novo equipamento co obxectivo de mellorar, entre outras cuestións, o procesamento das mostras biolóxicas.
gt4vhspwkaawayz.jpg Gómez Caamaño fixo fincapé na transformación que supón este novo sistema para o traballo do persoal do laboratorio, integrado por oito facultativos especialistas e 16 técnicos superiores, que procesan cada mes máis de 31.000 mostras, tanto programadas como urxentes. A partir de agora, a cadea robótica asumirá as tarefas rutineiras, permitindo que os profesionais se centren nas análises máis complexas.
Actualmente, os novos equipos xa están instalados e en fase de posta en funcionamento. Segundo avanzou Gómez Caamaño, esta etapa finalizará no terceiro trimestre do ano, momento no que o laboratorio quedará completamente operativo, cun sistema robotizado, automatizado e baseado en técnicas de intelixencia artificial.
Este investimento enmárcase no proceso de renovación iniciado pola Xunta no ano 2021 coa reforma integral do laboratorio central do CHUO, cun orzamento próximo aos 6 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?