Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft presenta Mu, o modelo lingüístico ultralixeiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft presenta Mu, o modelo lingüístico ultralixeiro

Redacción
Publicado: 23/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mu_hero600.jpgMicrosoft vén de anunciar Mu, o seu novo modelo lingüístico de pequeno tamaño deseñado para funcionar de forma eficiente directamente en dispositivos, sen necesidade de conexión a servidores externos. Mu é o motor que alimenta o axente de configuracións dispoñible en equipos Copilot+ con Windows 11, accesible xa para usuarios do programa Insider na canle Dev.
O modelo, que opera integramente sobre a NPU, permite converter instrucións en linguaxe natural en accións directas sobre o sistema operativo, como cambiar o brillo da pantalla ou activar o modo avión, cun rendemento que supera os 100 tokens por segundo.
A clave deste rendemento está na súa arquitectura encoder–decoder, que permite separar o procesamento da entrada e da saída de datos, optimizando o uso da memoria e reducindo a latencia. Probas realizadas sobre NPU como a Qualcomm Hexagon amosan que Mu reduce en máis dun 47 % o tempo de resposta inicial e multiplica por 4,7 a velocidade de xeración respecto de modelos equivalentes baseados só en decodificador.
Con só 330 millóns de parámetros, Mu integra tecnoloxías como Grouped Query Attention ou Rotary Positional Embeddings, que lle permiten competir en precisión con modelos moito máis grandes como Phi-3.5-mini, pero cun consumo e un tamaño ideais para dispositivos portátiles.
O modelo foi adestrado en Azure usando técnicas avanzadas de destilación a partir de Phi e refinado con tarefas específicas como o axente de configuracións, empregando máis de 3,6 millóns de exemplos para lograr unha resposta inferior aos 500 milisegundos.
Ademais da optimización arquitectónica, aplicáronse técnicas de cuantificación post-adestramento que permiten executar o modelo con precisión en representacións de 8 e 16 bits, reducindo significativamente a memoria requirida e mellorando o rendemento.
O axente de configuracións integrase co buscador nativo de Windows, adaptándose ao tipo de consulta: mentres as frases máis longas activan a interpretación semántica de Mu, as máis curtas seguen ofrecendo resultados baseados en coincidencias lexicais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?