Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Será preciso ter un mínimo de 16 anos para facer directos en YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Será preciso ter un mínimo de 16 anos para facer directos en YouTube

Redacción
Publicado: 25/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

youtube-329180733-690487318700583.jpgA partir do vindeiro 22 de xullo, YouTube implementará novos cambios nas condicións para realizar retransmisións en directo, establecendo en 16 anos a idade mínima necesaria para facer streaming na plataforma. Esta medida forma parte dun conxunto de políticas actualizadas que buscan reforzar a seguridade dos menores durante as emisións en vivo.
Segundo a nova normativa, os menores de entre 13 e 15 anos non poderán facer directos por conta propia. Só poderán aparecer nunha retransmisión se están visiblemente acompañados por un adulto, e sempre que este participe activamente na emisión. En caso contrario, YouTube poderá desactivar o chat en directo ou incluso revogar temporalmente o acceso da canle a esta funcionalidade. Nunha fase posterior, estas retransmisións poderían ser directamente retiradas da plataforma.
YouTube tamén lembra que o acceso ao streaming pode ser suspendido temporal ou permanentemente por outros motivos, como incumprimentos das normas da comunidade, emisións con contido protexido por dereitos de autor ou vulneracións da política sobre armas de fogo. Así mesmo, nos directos marcados como Contido para nenos, desactívanse opcións como o Super Chat, os comentarios, as notificacións anticipadas e os anuncios personalizados.
A plataforma insiste na importancia de que os menores non compartan datos persoais durante os directos (como o nome completo, a localización ou o número de teléfono), e recomenda que haxa sempre un adulto ao tanto da actividade en liña. Para garantir unha experiencia segura, tamén se suxire empregar as ferramentas de moderación dispoñibles e manter un ton positivo e respectuoso nas retransmisións.
Con estes cambios, YouTube busca garantir un contorno máis seguro para os creadores máis novos e as súas audiencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?