Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un xuíz estadounidense considera lícito adestrar modelos de linguaxe con libros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un xuíz estadounidense considera lícito adestrar modelos de linguaxe con libros

Redacción
Publicado: 25/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vbgeryj.jpgUn xuíz federal dos Estados Unidos vén de emitir un fallo que marca un punto de inflexión no debate legal sobre o uso de obras con dereitos de autor para adestrar modelos de intelixencia artificial. No caso Bartz et al. vs Anthropic, o xuíz William Alsup considera que o uso de libros por parte da empresa Anthropic para adestrar o seu modelo Claude constitúe un uso «extraordinariamente transformador» e, polo tanto, está amparado pola lexislación estadounidense de fair use (uso lexítimo).
A demanda fora presentada en 2023 por tres autores, entre eles a escritora de thrillers Andrea Bartz, quen acusaban a Anthropic de empregar copias pirateadas das súas obras para construír unha biblioteca de adestramento e beneficiar así un negocio multimillonario. Segundo o xuíz, aínda que a creación de copias dos libros foi necesaria para o adestramento, a súa finalidade era «crear algo diferente» e non reproducir nin substituír os textos orixinais.
Con todo, o tribunal rexeitou arquivar completamente a causa, obrigando Anthropic a ir a xuízo pola forma en que obtivo eses libros, que supostamente foron descargados de sitios piratas e almacenados nunha biblioteca central con máis de sete millóns de títulos. De confirmarse este feito, a empresa podería enfrontarse a multas de ata 150.000 dólares por cada obra con dereitos de autor vulnerados.
No seu ditame, Alsup puntualizou que os demandantes non alegaron que Claude xerase copias infractoras ou réplicas das súas obras, o que podería ter cambiado o rumbo do caso.
Moitas empresas do sector están optando por acordos de licenza coas editoriais ou cos creadores dos materiais orixinais, como vía para evitar conflitos xudiciais. A pesar do risco de sancións, Anthropic acolleu positivamente que o xuíz recoñecese o carácter transformador do seu uso, aínda que anunciou que está a avaliar os seguintes pasos na súa defensa.
A resolución de Alsup non pecha o caso, pero podería sentar precedente para outros litixios similares sobre como os modelos de linguaxe poden empregar material existente sen vulnerar os dereitos dos seus autores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?