Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple modifica as normas da App Store na UE para adaptarse á DMA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple modifica as normas da App Store na UE para adaptarse á DMA

Redacción
Publicado: 26/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apple-ue.jpgApple anunciou unha importante revisión das políticas da App Store na Unión Europea para dar cumprimento á Lei de Mercados Dixitais (DMA). Os cambios afectan tanto aos termos comerciais como ás posibilidades de promoción e pagamento que teñen os desenvolvedores, e entran en vigor de maneira inmediata para as aplicacións distribuídas na UE.

Contidos
  • Promoción máis aberta para os desenvolvedores
  • Novos termos comerciais: comisións por servizos e instalacións
  • Críticas dende Epic Games

Promoción máis aberta para os desenvolvedores

Unha das principais novidades é que Apple flexibiliza as restricións para promover servizos externos dende as aplicacións. A partir de agora, os desenvolvedores poderán incluír múltiples ligazóns dentro das súas apps (con parámetros de seguimento, redireccións ou vistas web) sen limitarse a unha única URL estática. Tamén poderán promocionar as súas ofertas en canles externas como outras páxinas web, apps ou mercados alternativos, e deseñar libremente a interface destas promocións.
Apple tamén modificará o sistema de advertencias que aparece ao premer en ligazóns externas: mostrarase só a primeira vez, cunha opción para desactivala nas seguintes interaccións coa mesma aplicación.

Novos termos comerciais: comisións por servizos e instalacións

A compañía anunciou ademais novos termos comerciais que afectarán a desenvolvedores que empreguen métodos de pago alternativos ou enlacen a páxinas externas desde as súas apps:
– Introduce unha taxa de adquisición inicial do 2 % sobre as vendas a novos usuarios durante os primeiros seis meses tras a descarga da app (exenta para os inscritos no programa de pequenas empresas de Apple).
– A Store Services Fee divídese en dous niveis:
– Nivel 1, cun 5 % de comisión, inclúe só servizos básicos como distribución, seguridade e xestión de aplicacións.
– Nivel 2, cunha comisión do 13 % (reducida ao 10 % para pequenas empresas e subscricións veteranas), mantén todos os servizos actuais da App Store.
Outra das mudanzas relevantes é a transición cara a un novo modelo de negocio unificado que Apple aplicará a partir do 1 de xaneiro de 2026. Os desenvolvedores baixo os termos alternativos actuais pagan 0,50 € por cada instalación anual que supere o millón. No novo modelo, pasarán a pagar unha comisión do 5 % sobre as vendas realizadas a través de promocións con métodos de pago alternativos.

Críticas dende Epic Games

As críticas non se fixeron esperar. Tim Sweeney, CEO de Epic Games, tachou os novos termos de «ilegalidade flagrante tanto en Europa como nos Estados Unidos» e acusou a Apple de aplicar un «cumprimento malicioso» que, na súa opinión, «burla a competencia leal». Segundo Sweeney, os desenvolvedores que opten por métodos de pagamento alternativos están a ser «gravados e paralizados comercialmente» dentro do ecosistema de Apple.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?