Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo Centro Gaiás estrea unha exposición sobre Castelao cunha forte compoñente tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo Centro Gaiás estrea unha exposición sobre Castelao cunha forte compoñente tecnolóxica

Redacción
Publicado: 26/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cdc_250626_012.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a instalación de arte dixital Castelao. Mirar por Galicia, considerada a experiencia tecnolóxico-cultural máis ambiciosa realizada ata agora arredor da figura do destacado autor, artista, político e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Durante o acto, o titular de Cultura da Xunta de Galicia destacou que esta mostra, organizada en colaboración coa Fundación Castelao, pon en valor «as importantes achegas do intelectual galeguista a partir dun percorrido pola súa vida e a súa obra», ofrecendo unha ollada renovada tanto ás súas creacións máis emblemáticas como a episodios máis íntimos que marcaron o seu traxecto vital.
cdc_250626_008.jpg López Campos sinalou que esta proposta é o primeiro gran proxecto galego de arte dixital que aposta con decisión por ferramentas como a intelixencia artificial xerativa, o videomapping ou a realidade virtual, co obxectivo de recuperar a memoria dunha figura tan representativa da cultura galega como o intelectual de Rianxo. Castelao. Mirar por Galicia recrea a súa imaxe e voz con gran nivel de realismo a partir dunha ampla base documental e arquivos fotográficos e audiovisuais procedentes de diversas institucións.
Na inauguración estiveron tamén presentes o director artístico do proxecto, Carlos Seijo; o asesor histórico e presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez.

Contidos
  • Un proxecto galego con tecnoloxía galega
  • Unha experiencia inmersiva con videomapping
  • Unha cultura inclusiva e accesible

Un proxecto galego con tecnoloxía galega

_dsc1907.jpgNun contexto no que as intelixencias artificiais xerativas teñen cada vez máis presenza, Castelao. Mirar por Galicia aposta por integrar estas tecnoloxías como ferramenta para achegar a historia e a cultura galegas «a todo tipo de públicos, aproveitando todo o potencial das novas linguaxes, pero tamén facéndoo dun xeito ético e responsable, sen deixar de lado o necesario traballo de autor», segundo destacou o conselleiro.
Neste sentido, López Campos puxo en valor o feito de que máis de cincuenta persoas con perfís técnicos e creativos participaron na posta en marcha do proxecto, así como numerosas empresas, profesionais e institucións galegas, que «proban o potencial do talento galego nun sector emerxente e punteiro como son as artes dixitais».
A empresa compostelá Maxina encargouse do deseño conceptual, a animación e o deseño da experiencia, baixo a dirección artística de Carlos Seijo. Participaron tamén outras compañías galegas, como o Laboratorio Numax (deseño gráfico en sala), a produtora Miramemira (audiovisuais), MADA producións (accesibilidade), Daexga (transporte e montaxe) ou Vifer (instalación gráfica), entre outras.
O proxecto contou tamén coa colaboración de relevantes entidades culturais galegas, que cederon pezas para a exposición ou material para a súa integración nas recreacións dixitais. É o caso das lentes e da pluma estilográfica de Castelao, facilitadas polo Museo de Pontevedra, así como dos fondos achegados pola Filmoteca de Galicia, o Consello da Cultura Galega, Afundación, o Arquivo Pacheco, a Fundación Castelao, a Real Academia Galega ou a Fundación Blanco Amor, entre outros organismos públicos e privados.

Unha experiencia inmersiva con videomapping

Un dos espazos centrais da mostra é unha instalación inmersiva que emprega seis proxectores e son cadrafónico para, mediante videomapping, mergullar as persoas visitantes no universo vital, político e artístico de Castelao. Esta experiencia desenvólvese dentro dun gran cubo de tea e papel onde tamén se poderá volver escoitar a súa voz, a través dun proceso que combinou citas orixinais da súa autoría, o traballo de locutores profesionais e intelixencia artificial xerativa a partir da única gravación coñecida: a mensaxe, en castelán, que gravou en 1941 en Bos Aires con motivo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo.

Unha cultura inclusiva e accesible

cdc_250626_014.jpgEn consonancia coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Castelao. Mirar por Galicia incorpora diversas medidas para garantir o acceso a todos os públicos. Entre estas accións inclúense contidos en lingua de signos, textos adaptados en lectura fácil, bucle magnético e, proximamente, materiais sonoros específicos para persoas con discapacidade visual.
A mostra forma parte da programación especial da Xunta de Galicia con motivo da celebración en 2025 do Ano Castelao. Poderá visitarse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ata o 11 de xaneiro de 2026, con entrada libre e gratuíta, e incluirá a partir do vindeiro curso unha proposta didáctica específica para centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?