Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha o Xeopadrón da provincia de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha o Xeopadrón da provincia de Lugo

Redacción
Publicado: 27/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

270625_xornada_xeopadron.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu a benvida esta mañá aos representantes dos 67 concellos da provincia que asistiron á xornada técnica organizada pola institución provincial para iniciar o Xeopadrón, o programa de dixitalización da información municipal. A sesión desenvolveuse no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e contou coa intervención dos responsables da empresa adxudicataria, Espúblico, quen detallaron o alcance das primeiras actuacións desta iniciativa, na que a Deputación inviste un total de 1,3 millóns de euros.
Máis de 50 persoas, entre alcaldes, alcaldesas, tenentes de alcalde e persoal técnico municipal, participaron nesta sesión, un dato que, segundo destacou a Deputación, reflicte o compromiso dos concellos co avance tecnolóxico e a modernización da administración local.
Tomé Roca subliñou que esta nova ferramenta da Deputación está deseñada para impulsar a modernización da administración municipal, e salientou que «dispor dun padrón actualizado, rigoroso e vinculado ao territorio é esencial para planificar con acerto, xestionar con eficiencia e tomar decisións ben fundamentadas». Con Xeopadrón, explicou, búscase mellorar a calidade dos datos do padrón, depuralos e ligalos cunha base de datos xeorreferenciada de fogares e vivendas, como paso previo ao futuro Padrón Online que desenvolve o INE a nivel estatal.
O Presidente agradeceu a implicación dos rexedores e rexedoras que decidiron sumarse voluntariamente a este proxecto, financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. «Desde 2019 conseguimos máis de 18 millóns de euros en fondos europeos, cos que estamos transformando servizos e infraestruturas nos concellos da provincia», lembrou.
Tamén indicou que Espúblico, empresa á que se lle adxudicaron os primeiros traballos por un importe de 415.811,66 euros, aproveitou a xornada para detallar o proceso de implantación, o contraste de datos e a súa integración cos sistemas municipais existentes.
«Entendemos Xeopadrón como unha peza máis da nosa estratexia de apoio aos concellos, unha estratexia firme, constante e transversal», afirmou o presidente provincial, quen puxo como exemplo outras accións como o programa Impulsa TIC, co que se está a dixitalizar administracións e modernizar equipamentos. «Agora seguimos por ese camiño, centrados na calidade da información e na eficacia na xestión», engadiu.
Rematou a súa intervención expresando o compromiso da Deputación de traballar con rigor, coordinación e un obxectivo compartido: ofrecer aos concellos ferramentas máis modernas e útiles para dar un mellor servizo á cidadanía. «Cando os concellos avanzan, avanza a provincia de Lugo», concluíu.
Na xornada tamén participaron Marcos Vázquez Rodríguez, xerente de grandes contas de Espúblico; Pepa García Pérez, xefa do proxecto; e Cristina Gimeno García, responsable de produto de I+D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?