Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta reforza a súa aposta pola intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta reforza a súa aposta pola intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 30/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

498681581_18516003421058217_2691761968804284419_n.jpgMark Zuckerberg vén de anunciar unha reestruturación profunda da división de intelixencia artificial de Meta coa creación dos Meta Superintelligence Labs, un novo grupo centrado no desenvolvemento de sistemas de IA superintelixentes, capaces de realizar tarefas ao nivel ou mesmo mellor ca os humanos. O obxectivo, segundo declarou nunha mensaxe interna aos empregados, é que Meta lidere esta nova era tecnolóxica.
O novo laboratorio estará dirixido por Alexandr Wang, fundador e ex-CEO da startup Scale AI, que pasará a ser o chief AI officer da compañía. Zuckerberg cualificouno como «o fundador máis impresionante da súa xeración». Xunto a el estará Nat Friedman, ex-CEO de GitHub, que codirixirá o grupo centrado nos produtos e na investigación aplicada en IA.
A medida forma parte dunha estratexia máis ampla na que a IA pasou a ser a prioridade número un para Zuckerberg este ano, nunha carreira directa con OpenAI e Google. Meta está a investir fortemente tanto en infraestrutura (como centros de datos e chips especializados) como en talento e adquisicións. Só este mes, a compañía investiu 14.300 millóns de dólares en Scale AI, formalizando así a fichaxe de Wang.
Meta tamén mantivo conversas para adquirir outras empresas punteiras como Perplexity AI, Runway AI e PlayAI, esta última centrada na reprodución de voces mediante IA.
Entre os novos fichaxes destacan perfís de alto nivel procedentes de OpenAI, Anthropic, Google e DeepMind. A lista inclúe nomes como Jack Rae, Pei Sun, Jiahui Yu, Shuchao Bi, Shengjia Zhao, Hongyu Ren e Joel Pobar, este último cunha longa traxectoria previa en Meta.
«O ritmo do progreso en IA está a acelerar, e o desenvolvemento da superintelixencia xa se albisca no horizonte. Creo que este será o inicio dunha nova era para a humanidade», escribiu Zuckerberg, asegurando o seu compromiso persoal para que Meta lidere este avance histórico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?