Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Threads estrea mensaxes directas independentes de Instagram
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Threads estrea mensaxes directas independentes de Instagram

Redacción
Publicado: 01/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

threads_dms-and-highlighted-perspectives.jpgDous anos despois do seu lanzamento, Threads continúa a súa evolución como plataforma independente dentro do ecosistema de Meta incorporando mensaxes directas e un novo recurso visual chamado Threads Highlighter, co obxectivo de reforzar a interacción e darlle maior visibilidade aos contidos relevantes.
Dado que máis dun terzo dos usuarios diarios de Threads seguen contas distintas das que seguen en Instagram, dende Meta consideran que a aplicación está a crear unha comunidade propia e diferenciada, de aí que estean a potenciar a súa segregación de Instagram.

Contidos
  • Mensaxes directas con control de privacidade
  • Un novo escaparate para as ideas destacadas

Mensaxes directas con control de privacidade

01_dms-on-threads_carousel-01.jpgA partir de hoxe, Threads permitirá manter conversas privadas entre usuarios. A función estará inicialmente limitada a maiores de 18 anos que se sigan mutuamente na plataforma ou en Instagram, como medida para garantir un uso seguro.
Nas vindeiras semanas irán incorporando melloras á experiencia de mensaxería, como a posibilidade de crear grupos de conversa, engadir filtros na caixa de entrada ou configurar quen pode enviar mensaxes, mesmo sen ser seguidor.

Un novo escaparate para as ideas destacadas

Threads introduce tamén o Highlighter, un novo elemento visual que servirá para destacar perspectivas singulares e conversas de interese. O recurso comezará a verse nas áreas da aplicación dedicadas á descuberta de contidos, así como na identificación de temas en tendencia. A idea é destacar aquilo que axuda a xerar diálogos valiosos e fomentar a diversidade de voces. Deste xeito apostan pola construción de comunidades activas e pola promoción de novos perfís de creadores e usuarios con interese en compartir opinións e experiencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?