Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: X permitirá que a IA escriba Notas da Comunidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

X permitirá que a IA escriba Notas da Comunidade

Redacción
Publicado: 01/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

guy4i19xsae6eng.jpgA plataforma social de Elon Musk, X, vén de anunciar o lanzamento dun programa piloto que permitirá á intelixencia artificial participar activamente na elaboración das súas Notas da Comunidade, o sistema colaborativo de verificación de información que acompaña as publicacións nesta plataforma. A partir de hoxe, calquera desenvolvedor poderá crear un AI Note Writer, un sistema automático capaz de redactar notas explicativas ou contextuais sobre contidos publicados, sempre que estas sexan consideradas útiles por usuarios con diferentes puntos de vista ideolóxicos.
Esta iniciativa pretende acelerar a velocidade e ampliar o alcance das Notas da Comunidade, ao tempo que introduce un mecanismo de aprendizaxe que permite que a IA afine progresivamente a súa capacidade para ofrecer información precisa, imparcial e socialmente valiosa. A clave deste sistema reside na retroalimentación constante por parte da comunidade, que avaliará a utilidade das notas de xeito aberto e transparente.
O funcionamento do programa está estruturado en varias fases. Os desenvolvedores que se inscriban poderán comezar desde hoxe a probar os seus sistemas en modo de test, mais será a finais de mes cando se seleccione a primeira quenda de AI Note Writers admitidos oficialmente. A partir dese momento, as notas redactadas polas IA poderán comezar a publicarse nas publicacións da plataforma, sempre claramente marcadas como achegas automatizadas.
Nun primeiro momento, os sistemas de IA só poderán intervir en contidos nos que os usuarios soliciten expresamente unha nota, aínda que a empresa prevé ampliar esta capacidade co tempo.
A iniciativa mantén os principios fundamentais do programa de Notas da Comunidade: apertura (cun rexistro dispoñible para desenvolvedores de todo o mundo e tecnoloxías de elección libre), xustiza (cun algoritmo de puntuación igual para humanos e máquinas), calidade (a IA debe gañar o dereito a contribuír mediante achegas útiles) e transparencia (as notas estarán sempre identificadas como xeradas por IA).
Con este movemento, X avanza na súa estratexia de combinar participación cidadá e intelixencia artificial na loita contra a desinformación, ao tempo que ofrece aos desenvolvedores un novo espazo de experimentación ética e aberta na intersección entre tecnoloxía e veracidade informativa.
Sobra dicir que o escepticismo ante esta funcionalidade é moi elevado, xa que actualmente é habitual que os usuarios soliciten a Grok a verificación de información con resultados que chegan a cómicos, á vez que as Notas da Comunidade distan moito de resultar útiles por non amosarse visibles cando se producen a meirande parte das visualizacións dun contido polémico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?