Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple terá que pagar 110,7 millóns de dólares a unha empresa española por violar unha patente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple terá que pagar 110,7 millóns de dólares a unha empresa española por violar unha patente

Redacción
Publicado: 02/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aa16ic1m.jpgUn xurado federal do distrito de Delaware (Estados Unidos) ditou sentenza contra Apple tras atopar que a compañía violou unha patente propiedade da empresa española TOT Power Control. O veredicto, emitido o 30 de xuño de 2025, obriga o xigante tecnolóxico a aboar 110,7 millóns de dólares en concepto de regalías polo uso non autorizado dunha tecnoloxía relacionada co control enerxético en dispositivos móbiles.
O litixio remóntase a 2021, cando TOT Power Control presentou unha demanda civil acusando a Apple de incorporar, sen licenza, tecnoloxía descrita en dúas das súas patentes rexistradas nos Estados Unidos. Segundo a compañía española, a infracción estaría vinculada ao funcionamento dos transmisores de banda sen fíos empregados nos iPhones e outros dispositivos da multinacional estadounidense.
O tribunal considerou que Apple violou unha das dúas patentes obxecto da disputa, concretamente a relacionada con sistemas de xestión enerxética, e estableceu un pagamento único por danos, sen aplicar ningunha penalización adicional nin medidas cautelares. O xurado determinou que Apple non actuou de forma deliberada, o que pode aliviar as consecuencias legais para a compañía, aínda que non evita o desembolso millonario.
Mentres o director xeral de TOT, Álvaro López Medrano, amosa a súa satisfacción polo veredicto xudicial, dende Apple argumentan que a patentes da compañía española son inválidas e anuncian que recorrerán a sentenza.
TOT Power Control mantén tamén demandas similares contra LG e Samsung no mesmo tribunal federal de Delaware. Non obstante, no pasado non obtivo sempre o apoio dos tribunais: en 2020, un xulgado mercantil de Madrid desestimou unha demanda da empresa contra Vodafone e Huawei por valor de máis de 500 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?