Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian deficiencias de seguridade informática non Sistema de Información de Shengen
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian deficiencias de seguridade informática non Sistema de Información de Shengen

Redacción
Publicado: 02/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

13-174279.jpgO Sistema de Información de Schengen de segunda xeración (SIS II), empregado polas forzas de seguridade europeas para sinalar en tempo real a inmigrantes en situación irregular e sospeitosos de delitos, presenta importantes deficiencias de seguridade informática e xestión, segundo correos electrónicos e auditorías confidenciais obtidos por Bloomberg News e Lighthouse Reports.
Nun informe de 2024, o Supervisor Europeo de Protección de Datos cualificou como de gravidade alta milleiros de vulnerabilidades detectadas no sistema. A auditoría tamén advertiu dun número excesivo de contas con acceso de administrador á base de datos, o que representa «unha debilidade evitable que podería ser explotada por atacantes internos».
6608-2.jpg SIS II, operativo desde 2013, permite aos Estados membros emitir e consultar alertas en tempo real cando individuos catalogados (incluíndo sospeitosos de terrorismo ou persoas cunha orde de detención pendente) intentan cruzar as fronteiras exteriores da UE. As alertas poden incluír fotos, impresións dixitais e, desde marzo de 2023, decisións de retorno que sinalan a deportación dunha persoa. Aínda que a maioría dos 93 millóns de rexistros refírense a obxectos como vehículos ou documentos roubados, uns 1,7 millóns están vinculados a persoas, das cales 195.000 foron sinaladas como ameazas para a seguridade nacional.
A auditoría sinala que SIS II é vulnerable a ataques destinados a saturar o sistema ou a obter acceso non autorizado. Cando a axencia EU-Lisa, responsable dos grandes proxectos TIC da UE, notificou estas deficiencias á empresa francesa Sopra Steria (encargada do desenvolvemento e mantemento do sistema), a resolución dos problemas levou entre oito meses e cinco anos e medio, segundo os documentos revisados.
sis-leaflet-online-version_en-1.jpg O contrato estipulaba que as vulnerabilidades críticas e altas debían ser corrixidas nun prazo de dous meses tras a dispoñibilidade dos parches. Nun comunicado, Sopra Steria defendeu que o seu traballo se axustou aos protocolos da UE: «Como compoñente clave da infraestrutura de seguridade da UE, SIS II réxese por marcos legais, normativos e contractuais estritos. O papel de Sopra Steria realizouse de acordo con estes marcos».
Segundo os correos aos que tivo acceso Bloomberg, EU-Lisa alertou á empresa de varios fallos de ciberseguridade en 2022. Nun intercambio, Sopra Steria argumentou que corrixir certas vulnerabilidades custaría 19.000 euros adicionais. EU-Lisa respondeu que ese traballo xa debía estar cuberto polo contrato existente, cun custo mensual de entre 519.000 e 619.000 euros por «mantemento correctivo».
A auditoría tamén detectou que 69 membros do equipo sen vinculación directa coa UE tiñan acceso ao SIS II sen contar coa acreditación de seguridade requirida. Non se precisa se eran empregados de Sopra Steria ou doutros contratistas.
EU-Lisa tampouco informou ao seu consello de dirección sobre as vulnerabilidades detectadas, unha omisión cualificada polos auditores como resultado de «eivas organizativas e técnicas en materia de seguridade». Recomendaron, así, que a axencia deseñe un plan de acción cunha estratexia clara para abordar os fallos.
Parte dos problemas parecen derivar da excesiva dependencia de empresas externas para tarefas técnicas que EU-Lisa debería desenvolver internamente. Isto estaría motivado pola presión para entregar proxectos sen contar co persoal necesario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?