Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os ciclos de FP de fabricación mecánica integran unha ferramenta de aprendizaxe de inglés con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os ciclos de FP de fabricación mecánica integran unha ferramenta de aprendizaxe de inglés con IA

Redacción
Publicado: 02/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250702visitacortizo_4.jpgA Formación Profesional en Galicia dá un paso máis no eido da innovación coa incorporación da ferramenta de intelixencia artificial Vetinen (Vocational Training Innovative) para a aprendizaxe de inglés aos ciclos de Fabricación Mecánica que se imparten en 30 centros educativos do país. Así o anunciou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante unha visita ao centro tecnolóxico de Cortizo en Padrón, onde estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez.
Esta ferramenta, pioneira no ámbito educativo, foi empregada pola Consellería como experiencia piloto no curso pasado coa familia profesional de Hostalaría e Turismo, e a partir de setembro estenderase tamén á de Fabricación Mecánica. Deste xeito, no vindeiro curso beneficiaranse dela preto de 6.000 estudantes de 52 centros de FP. Paralelamente, o departamento de Educación do Goberno galego continúa traballando para que esta tecnoloxía se vaia incorporando de maneira progresiva ao conxunto da FP galega.
20250702visitacortizo_3-2.jpg Durante a visita, Román Rodríguez puxo en valor o «alto valor para reforzar a conexión entre formación e empresa» que representa Vetinen, xa que permite practicar as competencias lingüísticas empregando os últimos avances tecnolóxicos aplicados á educación e orientados ás demandas do mercado laboral.
Impulsada polo Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, con sede en Ourense, esta ferramenta ofrece ao alumnado a posibilidade de recrear na aula situacións reais en inglés mediante unha interface en 3D. A través dela, poden interactuar con avatares en escenarios que reproducen situacións cotiás. No caso dos ciclos de Fabricación Mecánica, isto tradúcese en simulacións de tarefas como montaxe, mantemento, inspección de pezas ou atención a clientes internacionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?