Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia faise con dous dos catro premios estatais de innovación nos III Teleco Games
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia faise con dous dos catro premios estatais de innovación nos III Teleco Games

Redacción
Publicado: 04/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

3_telco_games_02.jpgGalicia destacou nos III Teleco Games, as Olimpíadas Nacionais de Telecomunicacións, ao facerse con dous dos catro premios estatais á innovación estudantil.
O evento, que este ano puxo o foco no desenvolvemento de proxectos vinculados á enerxía accesible economicamente e non contaminante, reuniu máis de 2.000 estudantes de todo o Estado, destacando o talento galego de forma notable.

3_telco_games_03.jpg O CIFP A Farixa de Ourense levou o primeiro premio nacional na categoría de Formación Profesional polo seu proxecto EcoControl, un sistema de control enerxético que combina sensores intelixentes, automatización e enerxías renovables. Pola súa banda, o IES Rosais 2 de Vigo alzouse co galardón en Bacharelato grazas a un xerador hidroeléctrico que aproveita a auga da chuvia a través dos caleiros dos edificios para xerar electricidade, incluíndo sistemas de monitorización baseados en tecnoloxía de telecomunicacións.

3_telco_games_01.jpg O impacto galego foi aínda maior: máis do 50 % da participación total nos Teleco Games procede de Galicia, consolidando a comunidade como referente nestas olimpíadas. Un éxito que, segundo o decano do COETTGA, Jose Manuel Martínez, se debe ao nivel do alumnado e á implicación de centros e docentes: «En Galicia hai talento e dende Galicia pódese facer tecnoloxía da máis cualificada e competitiva a nivel mundial».

3_telco_games_05.jpg Os proxectos premiados destacan pola súa orientación cara aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, especialmente o ODS 7, centrado na enerxía limpa. EcoControl, desenvolvido por seis estudantes baixo a tutela de Ricardo Ameijeiras, inclúe unha turbina 3D para aproveitar a auga en depósitos, unha batería de almacenamento, sensores de calidade da auga e unha interface táctil conectada a un servidor web. Pola súa banda, o xerador vigués, obra de tres estudantes dirixidos por Víctor Ronco, integra deseño 3D, electrónica e programación, demostrando unha ampla gama de competencias técnicas.

teleco_games_img_2182.jpg A cerimonia de entrega tivo lugar en Madrid, na Secretaría de Estado de Telecomunicacións, coa presenza de autoridades e profesionais do sector. O secretario xeral de Telecomunicacións, Matías González, louvou «a creatividade e calidade dos proxectos participantes», mentres que o decano do COITT, Luis Miguel Chapinal, subliñou a importancia de fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade.

Ao longo de cinco meses, os participantes asistiron a obradoiros, visitaron universidades e prepararon prototipos baseados en plataformas programables como Arduino, culminando nunha defensa pública ante un xurado experto. Os Teleco Games confirman así a súa vocación de sementar o interese pola enxeñaría de telecomunicacións entre as novas xeracións, e Galicia demostra, unha vez máis, que ten moito que achegar neste eido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?