Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Concepción Pombo convértese na primeira directora xeral da CSAG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Concepción Pombo convértese na primeira directora xeral da CSAG

Redacción
Publicado: 08/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concepcion_pombo.jpgConcepción Pombo Romero foi proclamada esta mañá polo plano do Parlamento galego nova directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), nova denominación da CRTVG. A xornalista, con raíces en Val do Dubra e licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, substitúe no cargo a Alfonso Sánchez Izquierdo, que o ocupaba dende 2009 e se atopaba en funcións dende 2015.
Pombo, que dende 2017 estaba á fronte da área de Información e Documentación do ente público, foi a única candidata presentada e contou co apoio do PPdeG, que a propuxera o pasado mes de maio. O seu nomeamento foi aprobado nunha terceira e definitiva votación no Parlamento galego, cun resultado de 39 votos a favor (todos dos populares) e 34 en branco, xa que non era posible votar en contra. En primeira volta precisábanse dous terzos da Cámara (50 votos) e en segunda, tres quintos (45), polo que só agora, cunha maioría absoluta, se puido desbloquear a designación.
As críticas da oposición foron contundentes. O BNG acusou o PP de acelerar « facerse co control absoluto dos medios públicos galegos», asegurando que Pombo é, dende 2018, «responsable da manipulación informativa» na CRTVG e advertindo de que « a é case imposible diferenciar o argumentario do PP das escaletas do telexornal».
Pola súa banda, o PSdeG lamentou o que consideran o pasamento da CRTVG, coa perda da pluralidade, a liberdade e o servizo público do ente que agora dirixiría Alfonso Rueda dende o seu despacho.
Fronte ás críticas, Pombo reivindicou a súa traxectoria e comprometeuse a impulsar unha nova etapa con máis presenza do galego, contidos máis próximos e pegados á realidade social, e a fortalecer o vínculo coa audiencia e a participación cidadá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?