Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nos últimos 4 anos incrementa en 113 mil o número de galegos conectados á Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nos últimos 4 anos incrementa en 113 mil o número de galegos conectados á Internet

Redacción
Publicado: 08/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

a_nosa_vida_en_dixital_2024.jpgEntre os anos 2021 e 2024, un total de 113.114 persoas sumáronse ao uso da Internet en Galicia. No mesmo período, o número de fogares con conexión contratada aumentou en 55.208, o que representa que o 95,5 % das vivendas galegas dispoñen xa de acceso á Rede. Os maiores avances rexístranse nos ámbitos onde Galicia partía de cifras máis baixas, como nos concellos con menos de 5.000 habitantes, onde a contratación de internet medrou un 11,6 %, superando por vez primeira o 90 %; e entre a poboación de entre 65 e 74 anos, onde o uso da Rede alcanza xa case o 75 %, cun incremento de máis dun 13 % respecto ao ano anterior.
Estes datos proceden do estudo Galicia. A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2024, publicado hoxe polo OSIMGA a partir da Enquisa Estrutural aos Fogares do Instituto Galego de Estatística. O informe amosa unha evolución sostida no uso de Internet na Comunidade, cun aumento da contratación de conexións de alta velocidade, así como na incorporación de novos dispositivos e hábitos dixitais.

Contidos
  • Uso de internet e velocidade das conexións
  • Dispositivos dixitais e usos
  • Compras, administración electrónica e ciberseguridade

Uso de internet e velocidade das conexións

2025_informe-executivo-fogares_uso_internet.jpgEn 2024, preto do 94 % da poboación galega empregou a Internet nos últimos tres meses. O uso é practicamente xeralizado entre os 16 e os 44 anos e supera o 98 % entre os 45 e os 54. Tamén continúa aumentando entre os 55 e os 64 anos, cun 93,2 %, e entre os 65 e os 74, onde roza o 75 %. Cómpre salientar que Galicia rexistrou un incremento do 5 % no número de usuarios activos desde 2021, fronte ao 2 % da media española e ao 4,3 % da Unión Europea.
Alén do aumento de fogares conectados, tamén destaca o avance das conexións de alta velocidade: o 65,2 % dos fogares galegos conta con velocidades superiores aos 100 Mbps (fronte ao 30 % en 2021), e un 86,3 % supera os 30 Mbps.

Dispositivos dixitais e usos

O teléfono móbil con acceso a Internet é o dispositivo máis común: o 95,7 % da poboación galega fai uso dun smartphone, cunha implantación case total entre os menores de 45 anos, e dun 83,4 % entre as persoas maiores de 65.
O 80,7 % dos fogares dispoñen dun ordenador (xa sexa de sobremesa, portátil ou tableta), sendo o portátil o máis habitual (60,8 %). As televisións intelixentes están presentes no 59,1 % das vivendas, cun aumento do 6,7 % respecto a 2023 e do 35,2 % desde 2021. Tamén aumenta a presenza de altofalantes intelixentes, que chegan xa ao 16,5 % dos fogares, un 6,5 % máis que o ano anterior.
Entre as actividades dixitais máis frecuentes destacan a busca de información sobre produtos e servizos (92,6 %), as videoconferencias (tamén cun 92,6 %), a lectura de novas en liña (85,5 %) e o uso da banca electrónica (81,6 %).

Compras, administración electrónica e ciberseguridade

En 2024, o 67,4 % da poboación galega realizou compras en liña, cun incremento anual do 5,5 %. O uso da administración electrónica continúa en expansión e é empregado xa polo 86,6 % dos internautas. En canto á ciberseguridade, o 17 % dos galegos afirma ter sufrido algún incidente neste ámbito no último ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?